Domingo, 15 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 07 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

Chenlo acolle este sábado o Campionato Provincial Escolar de Campo a través

Máis de 700 atletas en idade escolar participarán na competición que se celebrará na contorna do campo de fútbol

Os montes da Entidade Local Menor de Chenlo acollerán, unha vez máis, o Campionato Escolar de Campo a través, que se celebrará este sábado, día 9, na contorna do campo de fútbol coa participación de máis de 700 escolares das categorías benxamín, alevín, infantil e cadete, e percorridos que oscilarán entre os 771 e 4340 m según as categorías.

 

A Entidade Local acolleu a presentación do evento deportivo á que acudiron o Alcalde Pedáneo de Chenlo, Alejandro Lorenzo, o xefe do Servizo de Deportes da Secretaría Xeral para o Deporte, Daniel Benavides e o coordinador de Deporte Escolar en Pontevedra, Guillermo Reinaldo.

 

Alejandro Lorenzo aproveitou para destacar o labor de Xogade, iniciativa promovida e financiada pola Xunta de Galicia para a promoción do deporte escolar, a súa labor a prol do deporte base . "É para nós un pracer poder colaborar na celebración deste evento", apuntou Lorenzo engadindo a importancia de "apoiar ao deporte en xeral e especialmente o deporte base".  

 

Guillermo Reinaldo, explicou os percorridos , categorías e horarios do Campionato que arrancará ás 10:45 h coa proba cadete masculina e pecharase coa Carreira Participativa (Xuvenís e maiores), aberta a participación para atletas federados ou con licencia para este día, que dará comezo ás 13:30. Reinaldo destacou que se disporá de avituallamento para todos os atletas e ao finalizaros participantes poderán disfrutar dun chocolate quentiño.

 

Pechou as intervencións, Daniel Benavides, expresando á súa gratitude á Entidade Local de Chenlo pola colaboración prestada dende o primeiro momento para que a proba se celebrase neste privilexiado entorno. "O campionato volve outra vez a Chenlo e hai que resaltar que foi unha petición unánime de todos os clubs e colexios que participaron aquí na outra edición, o circuito foi unha agradable sorpresa para os participantes", sinalou Benavides, "Teño que felicitar á organización, ao director da proba, Eleuterio García, que xunto con Victor Riobó diseñou un circuito moi atractivo e moi respectuoso co medio ambiente, pois discurre por unha zona protexida".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.