Sábado, 27 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Domingo, 10 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán creará 24 postos de traballos temporais a través do Plan Concellos

Prevé cubrir dende finais de marzo 15 prazas de peóns forestais, 6 oficiais de obras e 3 conserxes para as dependencias municipais e os colexios cuxa selección se realizará a través do Servizo Público de Emprego

O Concello de Nigrán creará este ano a través da liña 2 e 3 do  'Plan Concellos 2019' da Deputación de Pontevedra 24 postos de traballo temporal (15 peóns forestais, 6 oficiais de obra e 3 conserxes) entre veciños en paro do municipio, o que suporá un importe total de 284.230 € dos que o organismo  provincial aportará 221.854 € e o Concello 62.376 € (o salario mensual suporá entre 800 e 1.400 €, dependendo da xornada e do perfil profesional). A maiores, o Concello de Nigrán cubrirá nos vindeiros días os postos de conserxe de tres colexios de Nigrán vacantes dende o 10 de xaneiro, para o que se realizará unha contratación urxente empregando o listado da última selección de interinos.

 

"A novidade deste ano é que tanto os peóns forestais como os conserxes cobrarán máis do que marca o propio convenio porque se aplicará o Salario Mínimo Interprofesional vixente, que é superior (no caso dos albaneis rexiránse polo convenio porque sí resulta máis beneficioso para eles). Solicitamos o número máximo que nos correspondía porque, ademais de mellorar a súa empregabilidade, o seu labor reverterá nunha mellora da calidade dos servizos municipais", resume o alcalde, Juan González.

 

O Concello trasladou hoxe oficialmente a demanda ao Servizo Público de Emprego e o proceso selectivo  levarase a cabo a través da oficina de Baiona dentro da máis absoluta transparencia co obxectivo de que inicien o seu traballo a finais de marzo. Acorde ás bases establecidas, darase prioridade ás  vítimas da violencia de xénero, maiores de 45 anos, persoas con familia monoparental con fillos ao seu cargo, persoas cos niveis de renda máis baixas ou ás que teñen cargas familiares. O salario oscila dos 800 € aos 1.409 € dependendo da xornada e tabla salarial, contemplándose 7,5 meses para os desbrozadores e 9 meses para albaneis e conserxes estes último un 75% da xornada).

 

 

 

 

A maiores, o Concello cubrirá nos vindeiros días as prazas de conserxe dos colexios mediante unha contratación temporal urxente a través do listado da última selección de interinos

 

 

 

 

Entre as labores que desenvolverán a xornada completa os 15 peóns forestais (perfil ao que atenderá a Oferta Pública de Emprego do Concello de Nigrán) atópase a conservación dos bens municipais, o mantemento das estradas, camiños e roteiros en perfecto estado, poda de árbores ou arbustos, a protección do medio ambiente ou a preservación das instalación escolares ou zonas verdes. A duración do contrato será de 7,5 meses.

 

Os 6 oficiais de obras integraranse a xornada completa no equipo do Concello 8 meses a xornada completa co obxectivo de traballar na execución de elementos construtivos, o que inclúe eliminar escombros, carga e descarga de materiais, montaxe e desmontaxe de estruturas temporais, preparación de morteiros, cavar buracos, gabias, acequias... Todo elo con especial atención ao mantemento das diferentes instalacións públicas.

 

Finalmente, contrataranse 3 conserxes durante 9 meses en xornada de 30 horas/semana para o CEIP Carlos Casares, Mallón e da Cruz, en Camos. O seu traballo centrarase no reparto e recollida de correspondencia, fotocopias, escaneado, atención telefónica e presencial, colaborar cos docentes na entrada e saída dos menores, nos recreos ou nas actividades do centro. “Son postos que non están cubertos dende a Consellería de Educación e que consideramos prioritarios para un perfecto funcionamento diario nos colexios, xa que contribúen a dar un mellor servizo aos nenos e, por ende, a toda comunidade educativa”, indica  González.

 

A elección destes tres perfís fundaméntase na necesidade do Concello de manter axeitadamente os servizos municipais nun tipo de áreas no que o persoal habitual do Concello resulta insuficiente. O obxectivo pararelo é que os beneficiarios melloren a súa capacitación e, con elo, as posibilidades de incorporarse ao mercado de traballo ordinario tras rematar no Concello.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.