MOS
Arévalo comeza a definir "estratexia" para as próximas municipais
O programa electoral dos populares mosenses será elaborado por grupos humanos especializados en diferentes materias
A alcaldesa de Mos e candidata á Alcaldía ás vindeiras eleccións municipais polo Partido Popular, Nidia Arévalo, e o presidente do Comité Local dos populares mosenses, Camilo Augusto, reuníronse esta semana nas instalacións da Axencia de Colocación de Mos con membros do Comité, Novas Xeracións, e colaboradores para sentar as bases organizativas de cara á próxima campaña electoral.
Do encontro extraeuse "o planning da estratexia de campaña e comezáronse a definir os equipos humanos que se encargarán da elaboración do programa electoral e que se dividirán por materias de xestión nas que estes son especialistas".
Na reunión realizouse unha tormenta de ideas para poder comezar a deseñar a estratexia e fíxose un repaso do programa electoral de 2015 para chequear a porcentaxe de cumprimento das "promesas electorais", que aseguran "está próxima ao 90%".
Arévalo avanzou sobre a vindeira campaña que “será unha campaña novidosa, moi interactiva, na que primará a comunicación coa veciñanza e, sobre todo, a planificación de proxectos ambiciosos para a próxima lexislatura que revirtan moito na mellora da calidade de vida dos habitantes de Mos”.
Así mesmo, a candidata popular e actual rexedora local mosense, anunciou que o vindeiro 23 de febreiro se celebrará un acto de presentación oficial dos equipos de traballo que se encargarán do deseño e redacción dos diferentes apartados do seu programa electoral. Haberá un total de 4 equipos especializados e cada un deles centrarase nun área de acción.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168