Domingo, 09 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Viernes, 08 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
AS NEVES

Centos de voluntarios plantarán nas Neves 8.500 árbores esta fin de semana

O pasado mes de novembro, unhas de 200 persoas plantaron os primeiros 1.500 castiñeiros, freixos e bidueiros, dos 10.000 en total para crear un “cortalunes verde” na ribeira do Miño, a zona pola que entraron as lapas que queimaron o 90% da superficie das Neves en outubro de 2017.

 

O punto de encontro para as persoas que vaian a participar na plantación estará no Torreiro de Vide, ás 9 da mañá; ás 11 haberá unha parada para coller forzas cun ‘bocata’ e está previsto que a xornada remate ás 2 da tarde. O Concello terá aberto o Pavillón Municipal para aqueles que precisen usar as duchas e  os vestiarios.

 

“Renacer das Cinzas”, coma sinalaron no seu día o alcalde das Neves, Xose Manuel Rodríguez, e Guillermo Iñiguez, co-fundador de ONE OAK, ten coma finalidade a de responder á  desoladora situación que deixara o lume, con máis de 5.000 hectáreas queimadas. Nun primeiro momento os traballos centráronse nas tarefas de limpeza, pero agora As Neves van rexurdir e as súas veciñas e veciños, coa axuda dos voluntarios van facer  agromar o bosque autóctono de máis dun milleiro de anos de antigüidade que poboaba este concello.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.