Martes, 24 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 09 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
Provincia

A Copa Deputación de Fútbol 2019 reunirá a máis dun millar de equipos da provincia

A presidenta Carmela Silva sinalou que ”as finais, que terán lugar a finais de maio, celebraranse en Vigo, categoría feminina, e Vilagarcía de Arousa, categoría masculina”

A presidenta da Deputación , Carmela Silva, presentou onte venres unha nova edición da Copa Deputación, a decimosegunda en categoría masculina e a quinta edición en feminina. En rolda de prensa Silva anunciou que “o prazo de inscrición abrirase o vindeiro luns 11 de febreiro para os equipos masculinos e a primeira semana de marzo no caso dos equipos femininos”.

 

En canto á Copa Deputación 2019 en categoría masculina as inscricións pecharanse o día 16 deste mesmo mes e os sorteos da primeira ronda terán lugar en Vigo e Pontevedra os días 21 e 22. Esta primeira eliminatoria poderá xogarse xa a finais deste mes. No caso da competición feminina os primeiros partidos disputaranse a mediados de marzo.

 

Carmela Silva informou que o formato de competición volverá a ser o mesmo que nas últimas edicións xogándose todas as eliminatorias a un único partido que disputarase no campo do equipo de menor categoría e resolvéndose os empates cunha tenda de penaltis. A presidenta tamén sinalou que “a final feminina xogarase en Vigo, no campo do Vao, e a masculina na Lomba, en Vilagarcía de Arousa, ambas a finais de maio”.

 

Amais da competición en categoría sénior novamente haberá unha Copa Deputación 2019 para equipos de categorías base que comezará no mes de abril, cando terminen as competicións oficiais. Nela, tal e como resaltou Carmela Silva, “participarán, como nas anteriores edicións, máis de 1.000 equipos de nenos e nenas de toda a provincia”.

 

A organización da Copa Deputación 2019 ten un orzamento total de 120.000 euros, incluíndo tanto as competicións sénior masculina e feminina como a Copa Deputación de categorías base.

 

Na edición de 2018 participaron un total de 128 equipos, 15 en categoría feminina e 113 equipos de Terceira División, Preferente, Primeira, Segunda e Terceira Autonómica en categoría masculina. Nesta pasada edición os equipos gañadores foron o SCDA de Matamá e o CD Choco, que levantou o título por cuarta vez consecutiva.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.