PONTEAREAS
O PSOE de Ponteareas asegura que o goberno "está renovando a rede de saneamento"
O Partido Socialista acusa á Belén Villar de "crear unha confusión premeditada e electoralista entre os veciños de Ponteareas a conta da última obra de mellora no sistema de saneamento, concretamente no entronque da Avenida de Galicia coa Rúa Rogelio Groba".
Os socialistas de Ponteareas explican que "a nova obra no estreito do cruce entre a Rúa Rogelio Groba e o Paseo matutino obedece ás necesidades de substitución dun sistema de sumidoiros desatendido durante décadas polos gobernos do PP e ACIP".
Esta nova obra, aclara Chus Garrote, "supón a substitución dunha arqueta totalmente obsoleta e colapsada, que nada ten que ver coas obras de decembro da Avenida de Galicia nin coas do Paseo Matutino. Concretamente, a localización desta obra está entre a arqueta de saneamento do paso estreito da Avenida de Galicia e o entronque coa última arqueta da rúa Paseo Matutino e Rogelio Groba".
En declaración aos medios, a candidata socialista sinala que “Cada vez que o goberno municipal executa unha obra deste calibre, dámonos realmente conta do desatendida que estaba Ponteareas polo PP e por ACIP” e engade que o seu goberno “está realizando os traballos que non fixo a dereita durante décadas”.
Desde o PSdeG-PSOE ponteareá, explican que "este era o momento oportuno para a substitución e a ampliación da capacidade da arqueta obsoleta e que permitirá unha canalización de maior capacidade, antes do novo asfaltado da rúa". “Entendemos que as obras supoñen unha molestia, mais tamén sabemos que os veciños e veciñas entenden que estas obras son polo progreso de Ponteareas” declara Chus Garrote.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163