Galicia
Hoxe abre o prazo para participar nas probas de habilitacións profesionais
As probas servirán para a obtención de carnes profesionais, entre outros, de operador/a de guindastre
Este curso haberá dúas convocatorias, unha primeira cuxo prazo de inscrición se abre este luns 18, e unha segunda que será en xullo
A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de convocar os exames para a obtención de carnés e habilitacións profesionais. Este ano o procedemento articúlase en dúas convocatorias independentes, unha primeira cuxo prazo de inscrición será do 18 de febreiro ata o 1 de marzo, e unha segunda convocatoria que se abrirá en xullo.
Tal como se pode consultar no DOG, as especialidades obxecto de exame nesta primeira convocatoria serán os carnés profesionais de operador/a de guindastre torre e de guindastre móbil autopropulsado categoría B; e a habilitación profesional de operador/a industrial de caldeiras.
As probas da segunda convocatoria (con prazo de presentación de solicitudes entre o 1 e o 12 de xullo) inclúen, ademais das modalidades da primeira convocatoria, as probas para a obtención dos carnes profesionais de operador/a de guindastre móbil autopropulsado categoría A e instalacións térmicas de edificios; e as habilitacións profesionais de instalador/a de gas (categorías A, B e C), de produtos petrolíferos líquidos (categorías I, II e III), e manipulador/a de equipamentos e de transporte refrixerado de mercadorías de refrixerantes conxelados.
No que respecta aos exames, os da primeira convocatoria non se realizarán antes do 15 de abril deste ano, e os da segunda convocatoria non serán antes do 30 de setembro deste 2019.
Poden optar a estas probas todas aquelas persoas que estean en idade legal laboral ou teñan cumprida a idade mínima que, de ser o caso, poida esixir a normativa sectorial correspondente; e cumprir cos requisitos específicos que se estableza na normativa para cada especialidade.
As persoas interesadas poden descargar o modelo de solicitude na Guía de Procedementos e Servizos da Xunta de Galicia no enderezo electrónico https://sede.xuntal.gal e na páxina http://edu.xunta.es/fp.
As probas servirán para a obtención de carnes profesionais, entre outros, de operador/a de guindastreA Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional acaba de convocar os exames para a obtención de carnés e habilitacións profesionais. Este ano o procedemento articúlase en dúas convocatorias independentes, unha primeira cuxo prazo de inscrición será do 18 de febreiro ata o 1 de marzo, e unha segunda convocatoria que se abrirá en xullo.
Tal como se pode consultar no DOG, as especialidades obxecto de exame nesta primeira convocatoria serán os carnés profesionais de operador/a de guindastre torre e de guindastre móbil autopropulsado categoría B; e a habilitación profesional de operador/a industrial de caldeiras.
As probas da segunda convocatoria (con prazo de presentación de solicitudes entre o 1 e o 12 de xullo) inclúen, ademais das modalidades da primeira convocatoria, as probas para a obtención dos carnes profesionais de operador/a de guindastre móbil autopropulsado categoría A e instalacións térmicas de edificios; e as habilitacións profesionais de instalador/a de gas (categorías A, B e C), de produtos petrolíferos líquidos (categorías I, II e III), e manipulador/a de equipamentos e de transporte refrixerado de mercadorías de refrixerantes conxelados.
No que respecta aos exames, os da primeira convocatoria non se realizarán antes do 15 de abril deste ano, e os da segunda convocatoria non serán antes do 30 de setembro deste 2019.
Poden optar a estas probas todas aquelas persoas que estean en idade legal laboral ou teñan cumprida a idade mínima que, de ser o caso, poida esixir a normativa sectorial correspondente; e cumprir cos requisitos específicos que se estableza na normativa para cada especialidade.
As persoas interesadas poden descargar o modelo de solicitude na Guía de Procedementos e Servizos da Xunta de Galicia no enderezo electrónico https://sede.xuntal.gal e na páxina http://edu.xunta.es/fp.
































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49