Sábado, 31 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 11 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
Mos

Gañamos pide desculpas a CMM Pereiras por “vulnerar” a súa soberanía

Imaxe das obras que se están a executar na parroquia de PereirasImaxe das obras que se están a executar na parroquia de Pereiras

Desde GañaMós veñen de emitir un comunicado no que piden “desculpas públicas á Xunta Rectora da Comunidade de Montes de Pereiras polas opinións verquidas por nós e que en reunión con eles nos aclararon que a situación distaba moito do que nós entendíamos”.

 

Aínda que, segundo Gañamos, “os membros de dita Xunta Reictora aceptaron en privado as nosas excusas e quedaron así satisfeitos, queremos facer pública a nosa rectificación xa que públicas foron os nosos comentarios”.

 

A asemblea aberta que celebrou Gañamos en Pereiras asistiron varios membros da Comunidade de Montes de Pereiras quenes transmitiron o seu “malestar –con Gañamos-  por un comunicado noso no que tildábamos de mediatizada polos intereses do Partido Popular á Xunta Rectora de dita Comunidade e que as nosas declaracións estaban moi alonxadas da realidade, xa que eles non se posicionaban a favor do Macro Proxecto” .

 

Dende Gañamos reiteran “as desculpas facendoas públicas mediante esta nota de prensa e ao mesmo tempo expresar a nosa satisfacción ao saber que Pereiras non bendice o proxecto tal e como se está anunciando polo goberno municipal de Arévalo senón que polo que entendemos teñen unha posición moi crítica con todo o sucedido”.

 

Nun comunicado emitido esta tarde tamén explican que “non queremos extendernos nos detalles del todo o que se falou contra o Macro Proxecto porque non queremos crear malentendidos e ademais o propósito deste comunicado non é ese senón facer publicas as nosas desculpas ante a errónea imputación e a nosa satisfacción ao saber que a Directiva de Pereiras non está adocenada polos impulsores do pelotazo urbanístico”.

 

Por último sinalan que “queremos ademais facer un acto de contrición público porque no fragor da contenda cos promotores do pelotazo urbanístico utilizamos as súas mesmas artimañas que tanto denostamos, a semellanza deles vulneramos a soberanía dunha comunidade cualificando a súa directiva segundo a nosa conveniencia nun acto de inxerencia totalmente reprobable. Desde GañaMós non podemos caer nesta falta de respeto ás directivas das comunidades que a miudo vemos cometer ao Goberno Municipal contra as comunidades e colectivos que non acatan os seus designios”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.