Sábado, 31 de Enero de 2026

Xornal21.es
Martes, 12 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Xuventudes Socialistas de Mos recada 1400€ no seu V Festival Solidario

O pasado sábado 9 xuventudes socialistas de Mos celebrou o seu V Festival Solidario, en esta ocasión a organización decidiu que o recadado fora integramente doado ó proxecto de vivenda tutelada de COGAMI, a cal comezou a funcionar hai uns días xunto a súa sede no concello de Mos en Puxeiros. Nesta V edición lograron reunir 1400€ entre as entradas vendidas no día do Festival e as de fila 0 vendidas con anterioridade o acto.

 

O acto contou ca presenza de Celso Álvarez coordinador Crd. COGAMI Mos, a deputada provincial de cohesión social e xuventude Digna Rivas, a candidata do PSdeG de Mos Victoria Alonso e o secretario xeral das xuventudes socialistas de Galicia Aitor Bouza.

 

Alejandro Figueroa secretario xeral das xuventudes socialistas de Mos, agradeceu ás empresas que colaboraron coas doazóns de agasallos, carteleria e son que fixeron posible que o acto fose todo un éxito, tamén lle agradeceu o concello de Mos que lle deixara o salón multiusos de balde para a celebración do acto e as asociacións que participaron non so en esta edición, se non a todas as que levan participando dende a primeira edición do festival. Tamén quixo resaltar "a labor tan importante que este proxecto ten para os usuarios do centro xa que van poder aprender e por en valor todo o que son capaces de facer no seu día a día, é un gran paso para lograr a igualdade e a inclusión total de todas e todos sexamos coma sexamos".

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.