GALICIA
O Portal de Transparencia da Xunta acumula máis de 300.000 visitas
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda, fixo entrega dos informes á valedora do pobo, Milagros Otero, continuando así a senda iniciada no ano 2016, cando foi aprobada a Lei de Transparencia
O vicepresidente da Xunta, Alfonso Rueda entregou onte á valedora do Pobo, Milagros Otero os informes de transparencia, participación cidadá e mellora dos servizos públicos na Administración Autonómica 2018, continuando así a senda iniciada no ano 2016, cando foi aprobada a Lei de Transparencia.
Segundo explicou Alfonso Rueda, que estivo acompañado pola directora xeral de Avaliación e Reforma Administrativa, Natalia Prieto, dende a posta en marcha do Portal de Transparencia en marzo do ano 2016 e ata o 31 de decembro de 2018, o Portal recibiu mais de 305.000 visitas nas que foron consultadas 1,2 millóns de páxinas, sendo das mais visitadas as referentes a altos cargos, retribucións, normativa ou contratación. Este informe está a disposición da cidadanía en https://transparencia.xunta.gal/transparencia-neste-portal.
O Portal de Transparencia contén mais de 950 páxinas web onde se poden visualizar mais de 2.400 documentos. Dá así cumprimento á Lei galega de transparencia, que ten como obxectivo fundamental facilitar á cidadanía unha maior cantidade de información da que dispoñía ata o momento e máis da que establece a lexislación básica estatal: en concreto, máis de 50 elementos a maiores, o que converteu á nosa comunidade na que máis obrigas ten asumido a través da súa normativa autonómica. Tamén é salientable o dato referido ás peticións de acceso á información pública, das que están resoltas practicamente o 90 por cento.
O Portal de Transparencia contén mais de 950 páxinas web onde se poden visualizar mais de 2.400 documentos
No encontro, o vicepresidente tamén fixo entrega do informe da oficina de defensa dos usuarios dos servizos públicos, en relación coas suxestións e queixas achegadas polos cidadáns. Este documento dispoñible en https://transparencia.xunta.gal/tema/participacion-e-relacions-coa-cidadania/suxestions-e-queixas dá cumprimento á Lei 1/2015, do 1 de abril, de garantía da calidade dos servizos públicos e da boa Administración, e recolle os datos semestrais e o balance global anual de tramitación das suxestións e queixas relativas ao funcionamento do sector publico autonómico correspondente ao ano 2018. Para facer as súas achegas, os cidadáns poden acollerse a calquera das canles habilitadas ao efecto: rexistro da Xunta, teléfono ou sede electrónica, o que lles permite acceder os 365 días ao ano as 24 horas do día.
Neste informe recollese que no ano 2018 recibíronse un total de 1.104 queixas e 113 suxestións, o que supón un incremento notable en ambas categorías, o que reflicte que os cidadáns cada vez coñecen máis estas ferramentas de intercomunicación coa Administración autonómica, o que permite coñecer de primeira man o que se pode mellorar e así poñer en marcha recursos e mecanismos para logralo, xa que permite coñecer áreas susceptibles de mellora e poñer en marcha actuacións que redundan nunha maior calidade na prestación dos servizos públicos na Administración.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49