Lunes, 23 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 13 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación tingue de amarelo o Pazo Provincial de xoves a sábado

Súmase á celebración do Día Mundial contra o Cancro Infantil

A Deputación de Pontevedra únese á celebración do Día Mundial contra o Cancro Infantil, que terá lugar este venres, 15 de febreiro. Por este motivo, o Pazo Provincial, trala solicitude da Asociación “Nico contra el cáncer infantil”, iluminarase desde a noite do xoves e ata primeira hora do sábado de amarelo, a cor do ouro, que simboliza a fortaleza e resistencia das crianzas que se enfrontan a esta enfermidade e das súas familias.

 

Para a Deputación de Pontevedra este tipo de accións é un paso máis para visibilizar enfermidades como o cancro infantil e apoiar entidades que están a traballar para lograr unha maior cohesión social, mellorar a calidade de vida da cidadanía e impulsar melloras en canto ao diagnóstico, tratamento e investigación de enfermidades que afectan a colectivos tan vulnerables como a infancia. Deste xeito, o goberno de Carmela Silva quere sumarse ás iniciativas que dende a Asociación “Nico contra el cáncer infantil” están a desenvolver dende o ano 2015 tanto para impulsar una maior investigación como para garantir o dereito a un diagnóstico e tratamento preciso e a tempo.

 

Cada ano en España máis de 1.500 nenas e nenos reciben un diagnóstico de cancro, o que se traduce nun forte impacto para as crianzas e as súas familias.  Dende asociacións como “Nico” traballan para mellorar as técnicas de diagnóstico e os tratamentos, loitando por impulsar a investigación e aumentar, así a taxa de supervivencia que leva dende o ano 2000 estancada.  Deste xeito,  o 100% da recadación de “Nico contra el cáncer infantil” vai dirixida á investigación.

 

Xunto á iluminación de amarelo do Pazo Provincial da Deputación, está previsto que tamén se tingan do color do ouro outros espazos públicos en Vigo, A Coruña, Santiago, Ferrol e Ourense.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.