Sábado, 25 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 25 de Abril de 2026 a las 16:07:35 horas

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 13 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
Tui

Tres feridos en Tui tras intentar esquivar un xabaril

Tres ocupantes dun turismo resultaron feridos ao tratar de esquivar un xabaril que interceptou na vía en Tui.

 

A irrupción do animal obrigou ao condutor a realizar unha manobra inesperada, o que provocou que o vehículo se saíse da vía e batese contra unha árbore. Así, como consecuencia do impacto, tres dos cinco ocupantes do vehículo sufriron diversas lesións das que tiveron que ser atendidos no centro médico de referencia.

 

Todo sucedeu preto das dúas da tarde cando un dos implicados no sinistro contactou co 112 Galicia para dar conta do suceso. No seu relato, sinalou que se atopaban nunha estrada de monte entre Areas e Malvas, no termo municipal de Tui. Tamén aclarou que os cinco ocupantes estaban fóra do coche, pero que tres deles necesitaban asistencia sanitaria.

 

Deste xeito, desde o Centro Integrado de Atención ás Emerxencias de Galicia, pediuse a colaboración dos profesionais do 061-Urxencias Sanitarias, así como dos axentes da Garda Civil de Tráfico e voluntarios de Protección Civil. 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.122

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.