MOS
A cultura mosense reúnese baixo o lema identitario local ‘SomosMos’
Na xuntanza das Asociacións Culturais do municipio coa alcaldesa, Nidia Arévalo, presentouse o vídeo institucional corporativo que ensalza o orgullo de pobo
O Concello de Mos presentou onte pola tarde unha campaña baixo o lema ‘SomosMos’ que inclúe un logotipo, un vídeo e un concurso fotográfico.
A presentación realizouse aproveitando a reunión que mantivo no Pazo de Mos a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, coas Asociacións Culturais do Concello de Mos para que estas poideran trasladarlle ao Concello as súas necesidades, inquedanzas e demandas, e establecer así un diálogo constructivo, productivo e beneficioso para todos.
Neste encontro a rexedora local estivo acompañada por Sara Cebreiro, concelleira de Cultura e Turismo e Julia Loureiro, concelleira de Participación Cidadá e durante o mesmo fixéronse aportacións moi clarificadoras e de gran interese por parte dos representantes das Asociacións Culturais do municipio.
Pola súa banda a campaña ‘Somos Mos’ pretende mostrar a identidade dun concello cheo de tradición, paixón, ilusión e oportunidades. Ensalzar o orgullo de pobo, a honra de ser mosense. A campaña ten como obxectivos promocionar Mos entre quen non o coñecen e servir como homenaxe aos mosenses e a súa identidade. O Concello deseñou un logotipo onde se empregan cromáticamente o verde, dado o carácter rural do municipio e o protagonismo da natureza, e o vermello da rosa de Mos, como símbolo de paixón e unión. Precisamente a flor actúa como icona dentro da logomarca representando nos seus pétalos a identidade dos mosenses, como nunha cadea de ADN.
O vídeo institucional corporativo ‘SomosMos’está dividido en catro bloques temáticos: tradición, paixón, ilusión e oportunidades. Comeza cunhas notas do himno de Mos creado polo gaiteiro de Louredo, Xulio Alonso. A continuación ábrese o primeiro bloque, o da tradición, onde as imaxes do vídeo céntranse en repasar o seu patrimonio, o seu espírito rural, as súas sendas, os cruceiros, o Camiño de Santiago, as fontes, ou a tradición das súas palilleiras ou a Festa da Rosa.
No bloque dedicado á paixón que abre a cantante Uxía Senlle, acompañada de Malvela. O vídeo fai un percorrido polas súas rondallas, as paixóns que moven aos mosenses, como gozar das súas zonas de lecer; a paixón de integrantes das Escolas de Patinaxe ou as corais mosenses.
O terceiro bloque, que inicia Brais Méndez, representa a ilusión, protagonizado por festas como a da empanada, os nenos e nenas de Mos que adestran nos seus campos de fútbol municipais ou o Club Natación Mos, a ilusión de todos os escolares que acoden cada día ás súas clases, as tardes de xadrez no Club Xadrez Mos ou o Nadal mosense.
O audiovisual péchase co bloque de oportunidades iniciado pola bailarina Patricia Martínez e que engloba as oportunidades que teñen en Mos as empresas, a inclusión das persoas con todo tipo de capacidades, as conexións por estrada e a oportunidade de escoitar aos seus nenos como exemplifica un Pleno Infantil do Concello de Mos, dedicado a eles, presidido pola alcaldesa, Nidia Arévalo.
Con ese mesmo dobre obxectivo, identitario e promocional, o Concello de Mos puxo en marcha o pasado venres 8 de febreiro un concurso fotográfico onde anima aos mosenses a que mostren cal é o seu recuncho favorito do municipio.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168