Sábado, 31 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 14 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
Mos

Leroy Merlin inaugura a súa nova tenda en Mos

A tenda opera baixo o concepto “COMPACT” e supuxo un investimento aproximado de 1,2 millóns de euros

Leroy Merlin inaugurou hoxe a súa nova tenda en Mos baixo a denominación “COMPACT”, e abre ao público mañá venres. Por parte de Leroy Merlin estiveron presentes na inauguración o Director Rexional zona noroeste, José Ramón Abad, e o Director da nova tenda de Leroy Merlin “COMPACT” Mos, Ibán Rama, entre outros membros da compañía. Ademais, por parte do Concello asistiron a alcaldesa de Mos, Nidia María Arévalo Gómez, e outros membros do equipo de goberno local.

 

Leroy Merlin “COMPACT” Mos é froito da converxencia entre Leroy Merlin e AKI, efectiva desde o pasado 1 de xaneiro e que culminará en 2020. A remodelación desta tenda supuxo un investimento aproximado de 1,2 millóns de euros. Esta conta cun persoal de máis de 80 persoas, a maioría procedentes do municipio mosense e concellos próximos e crea ao redor de 35 postos de traballo indirectos. Así, os colaboradores de Mos súmanse aos preto de 400 colaboradores que a compañía ten en Galicia. Desta forma, Leroy Merlin favorece a dinamización e a xeración de riqueza nas zonas nas que se sitúa, supoñendo un importante activo para as súas economías. Nesta liña, a tenda confía en empresas locais para ofrecer os seus servizos de limpeza, instalación e seguridade entre outros.

 

Ibán Rama, Director de Leroy Merlin “COMPACT” Mos, destacou que “esta nova tenda, froito da integración de dúas grandes compañías, permítenos instalar lineais con maior capacidade, asegurando desta forma unha ampla dispoñibilidade para os nosos clientes”. Ademais, Rama resaltou que “todo isto é posible grazas ao compromiso e profesionalidade do gran equipo humano co que conta a tenda”.

 

A tenda de Mos dispón dunha superficie comercial de máis de 2.900 m2 e opera baixo o concepto “COMPACT”, que ofrece unha selección de produtos que fan a compra máis cómoda, así como un servizo personalizado para concretar ideas e proxectos sobre o fogar. O novo establecemento pon a disposición dos consumidores 10.900 referencias en stock e máis de 250.000 baixo pedido.

 

A tenda está situada na Estrada Redondela Porriño 15 e ten un horario comercial de 9:00 h a 22:00 h de luns a sábado e de 10:00 h a 22:00 h domingos e festivos de apertura. Así, Leroy Merlin consolídase como líder do acondicionamento do fogar e continúa a súa aposta pola transformación dixital, acompañando aos clientes a través dunha experiencia omnicanal adaptada ás novas necesidades dos consumidores.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.