PROVINCIA
A Xunta abre o prazo para inscribirse nunha das nove rutas de inverno do Parque Nacional das Illas Atlánticas
A Consellería de Medio Ambiente retoma o programa ‘Descubrindo o parque nacional’, co que se ofrecen máis de 150 prazas para coñecer o patrimonio natural das catro illas que conforma o único parque nacional da Comunidade
A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio organiza un inverno máis un total de nove rutas guiadas ao Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia. Baixo o lema Descubrindo o Parque Nacional, este programa de visitas, de carácter gratuíto e dirixidas por guías profesionais do parque, pretenden dar a coñecer o patrimonio natural e ambiental do arquipélago fóra da tempada estival. Así, desde hoxe mesmo os interesados poden solicitar a reserva de praza a través da web reservasparquesnacionales ou facelo de forma presencial nas oficinas do parque nacional en Vigo (rúa Oliva, nº 3) ou no centro de visitantes (rúa Palma, nº 4).
Durante a actual campaña, que arrancará o 24 de febreiro en Ons e se estenderá ata o próximo 15 de abril, ofreceranse un total de 158 prazas para visitar as catro illas que conforman o parque. A idea é traballar sempre con grupos reducidos para poder ofrecer unha visita de calidade e o máis personalizada posible, ao tempo que se garante a preservación dos valores do entorno.
![[Img #50449]](https://xornal21.com/upload/images/02_2019/4102_cies_3.jpg)
Como os anos anteriores, o prazo para inscribirse mantense aberto ata catro días antes da visita e para cada ruta abrirase unha lista de agarda coa que cubrir eventuais baixas. De feito, en caso de non poder asistir e tendo en conta á alta demanda que ten a actividade, cada participante deberá anular a súa reserva na mesma páxina web como máximo tres días antes.
Todas as actividades guiadas ás illas son de balde, aínda que os participantes deberán asumir o custo do seu transporte. No caso de Cíes e Ons, poderán acceder a través da liña regular que as distintas navieiras autorizadas ofrecen con saída desde distintos portos, ou ben achegarse en embarcacións privadas autorizadas. Para acceder a Sálvora e Cortegada, onde por razóns de conservación non hai transporte regular diario, o propio parque organiza un transporte especial pero o custo do billete deberá asumilo igualmente o interesado.
A Xunta puxo en marcha esta iniciativa en 2014, co fin de dar a coñecer o patrimonio natural destes enclaves fóra da tempada estival e xa teñen participado máis de 1.250 persoas
Este programa de visitas guiadas ao Parque Nacional das Illas Atlánticas naceu en febreiro do ano 2014 e ata o momento, xa participaron nel máis de 1.250 persoas. A súa finalidade é animar aos cidadáns de todas as idades a coñecer os valores naturais e culturais deste espazo fóra da tempada estival, unha época de menor afluencia na que se poden descubrir outros aspectos singulares do Parque Nacional.
Ruta a Cíes para familias con nenos
A temática das rutas é moi diversa, xa que van desde o carácter histórico e botánico do percorrido pola illa de Cortegada coa ruta O segredo dun bosque no medio do mar, pasando pola riqueza xeolóxica das rochas de Sálvora coa visita Esculturas e lendas, pola toponimia de Ons coa ruta Unha illa de nomes, ata chegar á historia das Cíes cunha Viaxe no tempo.
Como en anos anteriores, nesta ocasión tamén haberá unha ruta especial pensada para familias con nenos. Realizarase durante o período de vacacións escolares de Semana Santa, concretamente, o luns 15 de abril en Cíes. Durante o percorrido pola illa faranse dinámicas e xogos que axuden aos rapaces a coñecer os ecosistemas do Parque Nacional. Como máximo poderanse inscribir dous nenos con cada adulto participante na actividade, especialmente recomendada para menores de entre 5 e 11 anos.
Na seguinte táboa indícanse as datas nas que se poden realizar estas excursións, o título das mesmas e as prazas por día.
ILLA
Data
Horario saída e chegada a porto
Porto saída
Nº Participantes
Prezo por persoa
Cíes
Xoves 28 de marzo
10 a 18h aprox
Vigo
22
10€
Luns 15 abril (para nenos)
12h na caseta Cies.*
20
*Cada persoa xestiona a súa viaxe
Ons
Domingo 24 de febreiro
10 a 18h aprox
Portonovo
17
10€
Sálvora
Domingo 3 de marzo
9:30 a 14 aprox
O Grove
22
15€
Sábado 30 de marzo
9:30 a 14 aprox
O Grove
I
22
15€
Martes 26 de marzo
16:00 a 19:30aprox
Aguiño
22
15€
Cortegada
Domingo 17 de marzo
10:00 a 13:00
Carril
11
10€
Domingo 31 de marzo
10:30 a 13:30
Carril
11
10€
Martes 2 de abril
16:30 a 19:30
Vilagarcía
11
10€

A Consellería de Medio Ambiente e Ordenación do Territorio organiza un inverno máis un total de nove rutas guiadas ao Parque Nacional Marítimo Terrestre Illas Atlánticas de Galicia. Baixo o lema Descubrindo o Parque Nacional, este programa de visitas, de carácter gratuíto e dirixidas por guías profesionais do parque, pretenden dar a coñecer o patrimonio natural e ambiental do arquipélago fóra da tempada estival. Así, desde hoxe mesmo os interesados poden solicitar a reserva de praza a través da web reservasparquesnacionales ou facelo de forma presencial nas oficinas do parque nacional en Vigo (rúa Oliva, nº 3) ou no centro de visitantes (rúa Palma, nº 4).
Durante a actual campaña, que arrancará o 24 de febreiro en Ons e se estenderá ata o próximo 15 de abril, ofreceranse un total de 158 prazas para visitar as catro illas que conforman o parque. A idea é traballar sempre con grupos reducidos para poder ofrecer unha visita de calidade e o máis personalizada posible, ao tempo que se garante a preservación dos valores do entorno.
![[Img #50449]](https://xornal21.com/upload/images/02_2019/4102_cies_3.jpg)
Como os anos anteriores, o prazo para inscribirse mantense aberto ata catro días antes da visita e para cada ruta abrirase unha lista de agarda coa que cubrir eventuais baixas. De feito, en caso de non poder asistir e tendo en conta á alta demanda que ten a actividade, cada participante deberá anular a súa reserva na mesma páxina web como máximo tres días antes.
Todas as actividades guiadas ás illas son de balde, aínda que os participantes deberán asumir o custo do seu transporte. No caso de Cíes e Ons, poderán acceder a través da liña regular que as distintas navieiras autorizadas ofrecen con saída desde distintos portos, ou ben achegarse en embarcacións privadas autorizadas. Para acceder a Sálvora e Cortegada, onde por razóns de conservación non hai transporte regular diario, o propio parque organiza un transporte especial pero o custo do billete deberá asumilo igualmente o interesado.
A Xunta puxo en marcha esta iniciativa en 2014, co fin de dar a coñecer o patrimonio natural destes enclaves fóra da tempada estival e xa teñen participado máis de 1.250 persoas
Este programa de visitas guiadas ao Parque Nacional das Illas Atlánticas naceu en febreiro do ano 2014 e ata o momento, xa participaron nel máis de 1.250 persoas. A súa finalidade é animar aos cidadáns de todas as idades a coñecer os valores naturais e culturais deste espazo fóra da tempada estival, unha época de menor afluencia na que se poden descubrir outros aspectos singulares do Parque Nacional.
Ruta a Cíes para familias con nenos
A temática das rutas é moi diversa, xa que van desde o carácter histórico e botánico do percorrido pola illa de Cortegada coa ruta O segredo dun bosque no medio do mar, pasando pola riqueza xeolóxica das rochas de Sálvora coa visita Esculturas e lendas, pola toponimia de Ons coa ruta Unha illa de nomes, ata chegar á historia das Cíes cunha Viaxe no tempo.
Como en anos anteriores, nesta ocasión tamén haberá unha ruta especial pensada para familias con nenos. Realizarase durante o período de vacacións escolares de Semana Santa, concretamente, o luns 15 de abril en Cíes. Durante o percorrido pola illa faranse dinámicas e xogos que axuden aos rapaces a coñecer os ecosistemas do Parque Nacional. Como máximo poderanse inscribir dous nenos con cada adulto participante na actividade, especialmente recomendada para menores de entre 5 e 11 anos.
Na seguinte táboa indícanse as datas nas que se poden realizar estas excursións, o título das mesmas e as prazas por día.
|
ILLA |
Data |
Horario saída e chegada a porto |
Porto saída |
Nº Participantes |
Prezo por persoa |
|
Cíes |
Xoves 28 de marzo |
10 a 18h aprox |
Vigo |
22 |
10€ |
|
Luns 15 abril (para nenos) |
12h na caseta Cies.* |
|
20 |
*Cada persoa xestiona a súa viaxe |
|
|
Ons |
Domingo 24 de febreiro |
10 a 18h aprox |
Portonovo |
17 |
10€ |
|
Sálvora |
Domingo 3 de marzo |
9:30 a 14 aprox |
O Grove
|
22 |
15€ |
|
Sábado 30 de marzo |
9:30 a 14 aprox |
O Grove I |
22 |
15€ |
|
|
Martes 26 de marzo |
16:00 a 19:30aprox |
Aguiño |
22 |
15€ |
|
|
Cortegada |
Domingo 17 de marzo |
10:00 a 13:00 |
Carril |
11 |
10€ |
|
Domingo 31 de marzo |
10:30 a 13:30 |
Carril |
11 |
10€ |
|
|
Martes 2 de abril |
16:30 a 19:30 |
Vilagarcía |
11 |
10€ |



































Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58