VAL MIÑOR
Autorizadas as expropiacións para a mellora da seguridade viaria na estrada PO-552 entre os concellos de Nigrán e Baiona
Esta intervención supón un investimento autonómico de máis de 400.000 euros, e destínase unha partida de case 18.000 euros ao pagamento dos 10 predios necesarios para a súa execución
O Consello da Xunta autorizou o proxecto de decreto polo que se declara a utilidade pública e se dispón a urxente ocupación dos bens e dereitos necesarios para a eliminación dun treito de concentración de accidentes na estrada PO-552, entre a glorieta de conexión coa AG-57 e Sabarís, nos Concellos de Nigrán e Baiona, cun investimento autonómico de máis de 400.000 euros.
Esta intervención fai necesaria a expropiación de 10 predios, e destínase unha partida de preto de 18.000 euros ao pagamento dos terreos. Nas vindeiros días está prevista a licitación das obras por parte da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade.
Trátase dunha actuación que define a execución dos traballos de mellora da seguridade viaria e a eliminación dun treito cualificado como “punto negro” no tramo da estrada Vigo-Tui, comprendido entre os puntos quilométricos 10+740 e 13+440.
Este proxecto está redactado no marco da estratexia que está a desenvolver o departamento de Infraestruturas da Xunta para intentar reducir os tramos de concentración de accidentes da rede autonómica de estradas.
Destacan entra as actuacións a execución dunha nova glorieta na rúa Rans, incorporada ao proxecto tras a información pública, a mellora na intersección co camiño Carballal ou a reordenación do cruzamento coas rúas Cruceiro e Sarmiento
Os traballos previstos neste tramo consistirán na mellora de interseccións en que se produce unha maior parte dos accidentes neste tramo. Executaranse cambios de sentido e habilitaranse carrís centrais de espera para facilitar os xiros á esquerda nas interseccións que teñen suficiente visibilidade, e reordenaranse os xiros naquelas interseccións que non teñen a visibilidade necesaria para garantir os xiros nas desexables condicións de seguridade.
Máis en concreto, executarase unha semiglorieta na intersección do punto quilométrico 10+740, para facilitar os cambios de sentido, e unha nova glorieta no punto quilométrico 11+150, que se corresponde coa rúa Rans, incorporada ao proxecto tras a información pública.
Tamén se mellorará a intersección existente no punto quilométrico 11+500 co camiño Carballal, coa execución dun carril central de espera e semiglorieta, e reordenarase a intersección coas rúas Cruceiro e Sarmiento, coa execución dun carril central de espera. A actuación inclúe a sinalización dun cambio de sentido na intersección coa rúa Manuel González Prado, a execución dunha nova glorieta na intersección coa rúa Valle Inclán e a reordenación da intersección coa rúa Romana.
Ademais, segundo o proxecto aprobado polo executivo autonómico, executaranse pequenos tramos de beirarrúas complementarios á mellora das interseccións, reforzarase a sinalización dos pasos de peóns do tramo para facilitar a súa percepción. E, finalmente, instalaranse balizas entre os puntos quilométricos 13+180 e 13+440, para evitar o estacionamento indebido en varios accesos situados na marxe esquerda na avenida Foz do Miñor, que reducen a súa visibilidade.
Cómpre resaltar que, dentro da estratexia que o departamento de Infraestruturas da Xunta está a desenvolver para intentar reducir a accidentalidade nos “puntos negros” da rede de estradas de titularidade autonómica, se prevén outras dúas actuacións na estrada PO-552, no tramo Vigo-Nigrán. Trátase de intervencións similares no contorno dos tramos de concentración de accidentes, unha entre a intersección coas estradas da Matamá e Muíños e á entrada de San Miguel de Oia, xa licitada no mes de decembro, e outra na zona das Rexas, cuxo proxecto se atopa en supervisión.
No marco do Plan de seguridade viaria de Galicia 2016-2020, a Xunta de Galicia está a desenvolver unha estratexia para intentar reducir ata 2020 a accidentalidade dos treitos cualificados coma tramos de concentración de accidentes das estradas de titularidade autonómica. Para iso, está prevista a execución de aproximadamente 40 actuacións en 90 km, cun investimento que superará os 12 millóns de euros, no horizonte desta lexislatura.
De seguido amósase o plano de detalle da actuación na estrada PO-552, entre a glorieta de conexión coa AG-57 e Sabarís, nos Concellos de Nigrán e Baiona:
![[Img #50387]](https://xornal21.com/upload/images/02_2019/8325_screen-shot-2019-02-14-at-191504.png)

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.87