PROVINCIA
Asociacións e entidades da provincia poden solicitar os obradoiros de igualdade
A Deputación de Pontevedra achega este ano 324.000 euros para esta iniciativa, na que participaron máis de 4.500 persoas en 2018
Dende este pasado venres as entidades sociais centradas na promoción das mulleres e no apoio ao seu apoderamento poden solicitar as actividades incluídas no programa “Conectadas 2019”, cuxas bases reguladoras veñen de publicarse no Boletín Oficial da Provincia. Trátase dunha iniciativa que pon o acento na formación, desenvolvendo cursos e obradoiros sobre distintas cuestións para apoderar ás mulleres e dotalas das ferramentas necesarias para construír unha sociedade igualitaria. É un programa ao que este ano a institución provincial dedica 324.000 euros.
As entidades que poden participar en “Conectadas” son as asociacións, federacións e fundacións sen ánimo de lucro que teñen por obxectivo a promoción das mulleres e o apoio ao seu desenvolvemento e apoderamento, así como ao seu tecido asociativo e cuxo obxectivo final sexa a consecución da igualdade entre mulleres e homes. Cada entidade poderá presentar unha única solicitude, seguindo o modelo normalizado e a documentación establecida nas bases publicadas.
Cada entidade dispón dun total de 40 accións formativas distintas ás que optar, agrupadas en oito bloques temáticos: Muller Emprende, Muller e Cultura, Actualízate, Coas túas mans, Porque ti o fas, Súmate ao cambio, Ponte en forma e Coidados persoais. As accións terán unha duración de 35 horas. En cada unha delas poderán participar entre 20 e 25 persoas, establecéndose un mínimo de 15. Todas as accións formativas inclúen, de forma transversal nos seus contidos, o tratamento da igualdade efectiva entre homes e mulleres. Ademais, impártese un módulo obrigatorio de 5 horas de sensibilización na igualdade de oportunidades entre homes e mulleres.
No pasado ano 2018, o programa “Conectadas” chegou a máis de 4.500 persoas, a través de 306 entidades de 57 concellos da provincia.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58