GALICIA
Feijoo inaugura a mostra "Valor e mestría. Galicia como fútbol"
“Revisar a historia do fútbol en Galicia supón transitar pola biografía do país, recuperar imaxes icónicas fixadas na retina coa potencia da emoción e explorar tradicións e símbolos que forman parte de nós e nos definen como país”, di
O presidente do Goberno galego, Alberto Núñez Feijóo, enxalzou hoxe a mostra "Valor e mestría. Galicia como fútbol" como unha oportunidade única para coñecer o rostro máis nobre do deporte e entender a importancia das metas colectivas e das visións compartidas. “Estamos a falar dunha oportunidade para coñecer de primeira man a historia e aos protagonistas dun deporte que é algo máis, pola súa innegable incidencia social, económica e mesmo ideolóxica”, aseverou.
Durante a inauguración, Feijóo subliñou, deste xeito, que a exposición logra, explorar a influencia do fútbol na construción das identidades colectivas; “porque revisar a historia do fútbol en Galicia supón transitar pola biografía do país, recuperar imaxes icónicas fixadas na retina coa potencia da emoción e, en definitiva, explorar rituais, tradicións e símbolos que forman parte de nós e nos definen como país”.
Ao longo da súa intervención, o responsable do Executivo autonómico avanzou que, a través de máis de 300 pezas -trofeos, medallas, fotografías, vídeos, audios de radio, carteis, bandeirolas, camisetas, botas, bufandas e outro tipo de obxectos-, achegadas por diferentes institucións, clubs e coleccionistas privados, a mostra dirixe a mirada do visitante cara a historias que cómpre coñecer e vindicar como exemplares, como a da propia Verónica Boquete; a da porteira Irene, pioneira do fútbol feminino en Galicia, capitá dun equipo de homes a principios do século XX; ou a historia do Karbo, da Coruña, primeiro equipo campión de España de fútbol feminino, nos anos oitenta.
Salienta que desde hoxe ata o peche, previsto para o 1 de setembro, levaranse a cabo ademais numerosas actividades paralelas no Gaiás
“Son historias que nos falan, tamén aquí, no fútbol, da necesidade da igualdade de xénero e de apoio ao fútbol feminino”, sentenciou, resaltando que todas as pezas acreditan, ademais, o carácter cultural da mostra. Un carácter que se reforza coa presenza dos medios de comunicación: xornais e revistas, cortes de radio e imaxes televisivas enriquecen a exposición.
Nesta mesma liña, referiuse ao papel que no fútbol xogan os árbitros e, tamén, os adestradores, destacando, en relación a estes últimos, aos dous que máis partidos dirixiron en Primeira División: Carriega e Arsenio Iglesias.
Logo de precisar que de aquí ao peche, previsto para o 1 de setembro, levaranse a cabo numerosas actividades paralelas no Gaiás, Feijóo concluíu con palabras de agradecemento para o presidente da Federación Galega de Fútbol; para a Liga de Fútbol Profesional, colaborada da exposición; para os clubs, “pola súa gran xenerosidade nos préstamos”; para os xogadores e ex xogadores que cederon pezas; para os comisarios da exposición, Antón Castro e Rubén Ventureira, e para David Carballal, deseñador do catálogo.
Así mesmo, referiuse ao fútbol afeccionado, ao que se lle rende tributo ao final da mostra, cun pase de fotografías e destacando que en Galicia hai máis de 78.800 licenzas e 4.039 equipos de fútbol-11. Uns números que converten a Comunidade na primeira autonomía en número de licencias por poboación e cuarta con máis licencias.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.49