PROVINCIA
A campaña turística “Fame de experiencias” da Deputación chega a Madrid e Barcelona
Desde o 15 de marzo a nova campaña de #PontevedraProvincia estará en mupis dixitais nas áreas de maior tránsito das dúas cidades como aeroportos, estacións e zona centro
A presidenta da Deputación de Pontevedra ven de presentar as novas accións enmarcadas na campaña “Fame de experiencias”, a campaña turística 2019 de Rías Baixas. Neste caso, Carmela Silva deu a coñecer que de cara á temporada de Semana Santa e de verán impulsarase unha campaña de publicidade exterior para espertar “moita fame” en rúas madrileñas de grande afluencia de persoas e no aeroporto Adolfo Suárez, punto estratéxico de saídas de voos nacionais e internacionais. A selección de Madrid para esta campaña de publicidade exterior responde , tal e como informou a presidenta provincial, “a un dos eixos marcados polo Plan Estratéxico de Turismo que situou á capital do Estado como lugar prioritario para a promoción do noso destino”. Desde xeito, vaise lanzar una campaña que instalará ata 60 mupis entre as rúas de Madrid e o aeroporto de Barajas para “espertar moita fame por vir ata a nosa provincia e descubrir as múltiples experiencias que aquí se poden vivir”.
Para a Semana Santa, concretamente entre o 15 de marzo e o 15 de abril, a Deputación vai promover o destino Pontevedra provincia en Madrid a través de 20 mupis repartidos nos intercambiadores de transporte público da Avenida de América, Praza de Castilla e Príncipe Pío. Trátanse de zonas de numerosa concorrencia de persoas, “por onde transitan milleiros de persoas que residen e traballan en Madrid pero tamén turistas doutras áreas ou nacionalidades que, visitando a capital poden descubrir o noso destino”, asegurou a presidenta. Deste xeito Silva puxo de exemplo que se tratan de espazos onde conflúen ata 3 liñas de metro, 40 de transporte urbano e 19 autobuses.
Xa de cara ao verán, en xuño, a Deputación de Pontevedra vai espertar “Fame de experiencias” en 40 mupis dixitais da zona de saídas de voos nacionais e internacionais da Terminal 4 do aeroporto de Barajas –Adolfo Suárez. Neste caso, Silva recordou que a Terminal 4 ten un tráfico de millóns de pasaxeiros e pasaxeiras, “polo que estes mupis, moi visibles, nos van permitir chegar a un público de grande interese para o noso destino”.
Xunto a estas accións de publicidade exterior, a presidenta da Deputación tamén adiantou que a campaña “Fame de experiencias” estará tamén proximamente situada na pantalla de Callao, en Madrid, e que antes de rematar o mes de febreiro van quedar programadas as accións en Barcelona.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58