PROVINCIA
Coco Chanel, María Vinyals e Emilia Pardo Bazán guiarán as visitas caracterizadas ao Castelo de Soutomaior
A iniciativa dará a coñecer, con guías oficiais caracterizadas das tres históricas mulleres, a musealización do Castelo, os xardíns de camelias e a exposición “A moda en detalles”
A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, deu a coñecer esta semana as novas iniciativas impulsadas polo goberno no marco da campaña “Fame de experiencias” para desestacionalizar o turismo e continuar impulsando o castelo de Soutomaior como eixo de atracción e espazo para a cidadanía. Silva informou que desde hoxe é posible reservar praza, na web www.castelodesoutomaior.com, para participar en “Camelia e moda”, as primeiras visitas caracterizadas ao Castelo que terán lugar os días 23 de febreiro e 3 e 10 de marzo.
Tres guías caracterizadas de María Vinyals, Emilia Pardo Bazán e Coco Chanel serán as protagonistas das visitas “Camelia e moda” que se desenvolverán en cinco sesións de hora e media de duración os días 23 de febreiro (11.00 horas), 3 e 10 de marzo (12.00 e 16.00 horas). Así, da man destas tres mulleres, darase a coñecer tanto a musealización do Castelo de Soutomaior como os xardíns da camelia e a exposición “A moda en detalles”, que estará dispoñible no castelo durante o mes de marzo.
Segundo informou Silva, participarán na visita caracterizada María Vinyals, Pardo Bazán e Chanel “por razóns evidentes”. A presidenta da Deputación recordou que “María Vinyals foi unha das propietarias do castelo que transformou este espazo dun lugar para a guerra a un lugar para a paz, a cultura, as tertulias e as persoas”. Sobre outra das protagonistas, Emilia Pardo Bazán, a presidenta explicou que amais de ser amiga de Vinyals tamén recolleu nas súas obras reflexións sobre as camelias galegas. E, xunto a Vinyals e Pardo Bazán participará Coco Chanel, que compartía coas anteriores “dúas grandes paixóns: a moda, de aí que nos sirva de enlace para explicar cuestións relacionadas coa exposición “A moda en detalles” e a camelia”. Amais, a presidenta provincial recordou que Chanel era unha grande entusiasta da camelia, “ata o punto de que adoptou esta flor, nun principio empregada polos homes, como símbolo e emblema da firma dende comezos da década dos anos 20 do século pasado”.
Con “Camelia e moda” a Deputación de Pontevedra ten por obxectivo divulgar un novo xeito de descubrir a historia do Castelo de Soutomaior vivindo múltiples experiencias da man de guías oficiais caracterizadas de Vinyals, Pardo Bazán e Coco Chanel. Deste xeito, amais de coñecer o proxecto de musealización desenvolvido polo goberno de Carmela Silva no castelo e descubrir a historia de María Vinyals, a través desta primeira visita caracterizada é posible achegarse aos xardíns de camelia e complementar a visita cun percorrido pola “Moda en detalles”, unha exposición pioneira que presenta fondos do Museo de Pontevedra nunca antes amosados.
En total, a Deputación de Pontevedra oferta 150 prazas, 30 por sesión. Desde hoxe mesmo pódese reservar xa praza a través da web www.castelodesoutomaior.com.
A Ruta da Camelia
A presidenta da Deputación tamén presentou as visitas temáticas “A ruta da camelia” que terán lugar os días 21,26 e 28 de febreiro e o 5,7, 12 e 14 de marzo en dúas sesións diarias, ás 12.00 e 16.00 horas. Segundo detallou Carmela Silva estas visitas estarán guiadas por persoal do castelo de Soutomaior que darán a coñecer, durante unha hora, a Ruta da Camelia polos seus xardíns, declarados de Excelencia Internacional, e tendo en conta a época de floración na que nos atopamos
Neste eido, a presidenta provincial recordou que os xardíns do Castelo de Soutomaior contan con máis de 442 exemplares de camelia pertencentes a ata 25 especies diferentes, algunhas delas do século XIX. Entre os exemplares, Silva destacou un que está conformado por 18 troncos que medran desde a base da árbore e que forman a maior circunferencia da especie en Galicia.
Para participar nas visitas temáticas “A ruta da camelia” xa se pode formalizar a reserva de praza a través da páxina web www.castelodesoutomaior.com. En total ofértanse 450 prazas, 30 por cada unha das sesións.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58