DEPORTES
Carmela Silva enxalza “a exitosa traxectoria do Grupo Deportivo Supermercados Froiz ”
A presidenta da Deputación de Pontevedra participou na presentación da nova tempada do equipo ciclista dirixido por Evaristo Portela
Cos berros e cos ánimos de centos de nenas e nenos de varios colexios de Pontevedra e Marín e cunha vistosa posta en escena, arrincou este mediodía, na Alameda de Pontevedra, a presentación da nova tempada do Grupo Deportivo Supermercados Froiz. A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, participou neste acto, no que tamén estiveron a deputada provincial de Deportes, Chelo Besada; o director deportivo do equipo, Evaristo Portela; o presidente do Grupo Froiz, Magín Froiz; así como destacados ciclistas galegos como Álvaro Pino, Óscar Pereiro ou Gustavo César Veloso. A rapazada que participou na presentación viña dos colexios San José e Álvarez Limeses de Pontevedra e do CEIP Carballal de Marín. No acto tamén houbo unha mención especial para a escola de ciclismo ADA Avanza de Porriño.
“É un orgullo estar aquí na presentación dun equipo cunha gran traxectoria como o Froiz, que grazas ao seu traballo contribúe tamén a expandir as excelencias da nosa provincia, deixando a Pontevedra sempre en bo lugar”, manifestou a presidenta provincial. Na súa intervención, Silva enxalzou os “extraordinarios ciclistas deste equipo, aos que lle puxemos unha alfombra vermella porque o ciclismo, sen dúbida ningunha, merece un óscar entre todos os deportes”.
Carmela Silva louvou ademais a figura de Magín Froiz, “grande empresario da provincia, que non só é bo co seu negocio, senón que é un empresario con valores, comprometido coa sociedade na que vive, e neste caso fortemente comprometido co deporte e co ciclismo”. Especialmente orgullosa de colaborar co GD Supermercados Froiz se amosou a presidenta provincial ao falar do director deportivo Evaristo Portela, “na miña traxectoria aprendín que hai xente que, ademais de amar o deporte, é unha excelentísima persoa e este é o exemplo de Evaristo. Xa considero que formo parte da familia do Froiz e estou moi orgullosa de que así sexa”.
“Dá gusto encher Pontevedra de alegría, cor e orgullo para mostrar o noso aprecio, respecto e admiración polo equipo ciclista Froiz, que tantas alegrías nos dá”, explicou Silva
Silva destacou tamén a Javier Mínguez, o padriño de honor este ano do Froiz e seleccionador español ata finais do ano pasado, do que asegurou que “hoxe Pontevedra está alegre de que esteas aquí connosco”. Recordando a Pino ou a Pereiro, Silva agradeceu tamén a súa presenza, “porque deportistas coma vós sodes dignos de enxalzar, xa que tedes conseguido éxitos incribles nun deporte tan duro. Grazas a xente coma vós somos unha referencia no ciclismo”.
O Grupo Deportivo Supermercados Froiz presentou o seu equipo para esta nova tempada, que xa está concentrado en Pontevedra realizando a súa estancia de pretemporada coa que inician o novo ano deportivo. Continúan no equipo dez corredores e incorporan tres corredores elite e seis sub-23. Esta mesma fin de semana comezan a tempada no XX Memorial Manuel San Roma en Almagro. O primeiro gran obxectivo da tempada será a primeira proba da Copa de España, que se celebrará en Don Benito o próximo 24 de febreiro.
Este equipo cumpre, en 2019, 31 anos de historia e xa se ten convertido nun referente a nivel galego e nacional, tanto na categoría elite como sub-23. O ano pasado veñen de completar unha das mellores tempadas da súa historia, ao conquistar cinco voltas por etapas e o triunfo nalgunhas das probas máis importantes dun día, coma o Trofeo Iberdrola ou o Campionato de España. Na súa longa traxectoria teñen gañado máis de 800 probas dun día, 125 voltas por etapas e 180 xerais por equipos, obtendo tamén 19 campionatos de España e 26 campionatos galegos.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.126