Sábado, 31 de Enero de 2026

Xornal21.es
Sábado, 16 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

Un monumento á emigración presidirá a rotonda de Peinador

As pezas integrantes do mesmo forman parte da mostra da Escola de Cantería de Pontevedra, “Nado en pedra”

A alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, e a presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, asinaron onte, no Pazo Provincial, o convenio para a doazón das esculturas da exposición “Nado en Pedra” da Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra que lucirán na rotonda de Peinador.

 

[Img #50425]Trátase do monumento á emigración, composto de dúas pezas escultóricas, que a rexedora local mosense considera “moi vencellado á historia e á realidade actual do noso Concello, por unha banda históricamente pola abundante emigración á Arxentina que se viviu entre a poboación mosense dende comezos do século pasado, e por outra, porque vai estar instalado nunha glorieta ao carón do aeroporto de Peinador, sendo os aeroportos os grandes centros neurálxicos das migracións poboacionais contemporáneas”. Ademais Arévalo salientou que “con este monumento cumprimos a promesa contraída cos emigrantes mosenses en Bos Aires, de facerlles unha merecida homenaxe escultórica en pedra no seu municipio de orixe”.

 

 

 

 

A alcaldesa, Nidia Arévalo, asinou esta mañá o Convenio coa Deputación para que a obra luza en Mos e “cumprir así a promesa contraída cos emigrantes mosenses”

 

 

 

 

A mostra da Escola de Cantería “Nado en pedra”, da que proceden as pezas integrantes do monumento á emigración mosense, acaba de rematar o seu percorrido pola provincia e debido á súa boa acollida entre a cidadanía e o interese dos concellos, decidiuse doar as pezas escultóricas que forman parte da exposición. Así, a Mos doaránselle dúas esculturas: “Home de pé co seu fillo” e “Maleta”.

 

“Nado en pedra” é unha mostra itinerante cuxa finalidade é pór en valor os traballos realizados dende a Escola de Cantería da Deputación de Pontevedra. A exposición componse dunha vintena de pezas de gran tamaño, algunha delas de máis de 1.000 quilos de peso, que teñen por temática central a figura humana.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.