Salvaterra de Miño
Rocío Bernárdez é a candidata do PSOE á alcaldía de Salvaterra
Tras a celebración da asamblea que tivo lugar este sábado, Rocío Bernárdez será a cabeza de lista do PSdG na vila de Salvaterra
Nacida en Salvaterra hai 40 anos, desenvolve a súa profesión de arquitecta nun estudio propio no centro da vila. Afiliada ás filas do PSdG-PSOE dende o 2008, é concelleira dende o 2011, secretaria de organización da agrupación municipal, e desde o 2017 membro da executiva nacional galega do PSdG encabezada por Gonzalo Caballero.
Afirma a candidata que “o obxectivo da nosa candidatura é mudar o rumbo de Salvaterra. Tras anos nos que todas as actuacións levadas a cabo polo gobernó popular van encamiñadas a potenciar a súa imaxe cara o exterior con actuacións que supoñen un custe importante para as nosas arcas e que deixan de lado a cidadanía e as súas necesidades.
“Creo firmemente nun cambio de modelo para a vila” asegura engadindo que “nestes anos perdeuse un tempo precioso para prepararnos para o revulsivo que o desenvolvemento da PLISAN pode supor na vila, tanto a nivel urbanístico como en servizos”.
Bernárdez explica que “Salvaterra ten que recoñecer a súa propia historia, revitalizar a súa orixe, e transformala nunha vila cultural por excelencia. Pertencenmos a unha eurocidade e como tal debemos recuperar a actividade comercial na vila e revitalizar o noso mercado. Debemos ser unha vila donde se prioricen os servizos que contribuían a unha maior conciliación familiar”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217