CONDADO
As obras de reforzo de firme en oito estradas da comarca terán un orzamento de 705.000 euros
Este contrato do departamento de Infraestruturas da Xunta mellorará varios tramos das estradas PO-252, PO-254 e a PO-262, nos concellos de Mondariz e Ponteareas
Un total de 12 empresas veñen de presentar as súas ofertas para executar os traballos de reforzo do firme en oito estradas da comarca do Condado-A Paradanta, así como no Concello de Tui, cun investimento de preto de 705.000 euros.
Este contrato da Consellería de Infraestruturas e Mobilidade contempla as actuacións necesarias para rehabilitar a capa de rodadura e mellorar o estado de conservación en distintos tramos localizados nas estradas PO-252, PO-254, PO-262, PO-400, PO-403, PO-404, PO-406 e PO-510, ao seu paso polos concellos de Mondariz, Ponteareas, A Cañiza, Salvaterra de Miño e tamén polo municipio de Tui.
No concello de Mondariz melloraranse varios tramos da PO-252, da PO-254 e da PO-262. En concreto, actuarase na estrada PO-252 entre os puntos quilométricos 3+820 e 4, e na PO-254 entre os quilómetros 0 e 7+300, que corresponde á travesía Bugarín, Prado e Pías, así como nos p.q. 8+500 a 9+480, na travesía de Mondariz, que tamén inclúe o tramo desta vía ao seu paso polo municipio de Ponteareas.
Tamén se actuará en treitos localizados nos viais da PO-400, PO-403, PO-404, PO-406 e PO-510, ao seu paso polos municipios de Salvaterra de Miño, Ponteareas, A Cañiza, e o Concello de Tui
Neste proxecto tamén se prevén intervencións na estrada PO-262 entre o p.q. 0 e o 3+500, no municipio de Mondariz, rehabilitándose a sección completa nos primeiros 500 metros deste tramo, que se corresponden coa travesía de Vilasobroso.
No municipio de Ponteareas se rehabilitará o firme da PO-403, entre o quilómetro 0 e o 10+800, mentres no Concello da Cañiza mellorarase o firme da PO-406, que coincide coa travesía do municipio. E o Concello de Salvaterra de Miño verá mellorada a estrada PO-400, entre o p.q. 0+100 a 3+400, así como a vía de servizo da PO-510, dende o p.q. 9+300 e o 9+720.
Ademais, neste contrato tamén se inclúen obras de reforzo de firme na estrada PO-404, xa na comarca do Baixo Miño e ao seu paso polo Concello de Tui, no primeiro quilómetro da parroquia de Guillarei.
O departamento de Infraestruturas da Xunta continúa a traballar no obxectivo prioritario de conservar a rede viaria autonómica en óptimas condicións coa fin de incrementar a seguridade viaria e proporcionar aos usuarios unhas vías cómodas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.40