Lunes, 10 de Noviembre de 2025

Xornal21.es
Miércoles, 20 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
AS NEVES

A Xunta licita as obras para o traslado e reforma da Galiña azul nas Neves

As empresas poderán presentar ofertas ata o próximo 13 de marzo e o prazo de execución será de seis meses

A Consellería de Política Social, a través do Consorcio Galego de Servizos de Igualdade e Benestar, publica hoxe na Plataforma de Contratos de Galicia e no perfil do contratante do Consorcio a licitación das obras para o traslado e reforma da escola infantil da rede autonómica A Galiña Azul no concello pontevedrés das Neves, que actualmente comparte edificio co centro de saúde e co centro de día da localidade.

 

As empresas interesadas en acometer ese proxecto poderán presentar ofertas ata o próximo 13 de marzo e, posteriormente, o prazo de execución será de seis meses. Cando estea rematada a rehabilitación do edificio, que era a antiga vivenda do conserxe, e a escola sexa trasladada a el desde o inmoble actual, permitirá consolidar e garantir o futuro das 20 prazas que oferta o centro das Neves, ao tempo que se mellora de xeito notable a calidade na prestación do servizo.

 

 

 

 

As obras suporán un investimento total de 300.000 euros, dos que o Consorcio achegará 225.000, cun 80% de Fondos Feder, e o Concello, 75.000

 

 

 

 

O investimento total previsto para a realización desas obras, en virtude do convenio de colaboración asinado entre a Consellería e o Concello en xuño do pasado ano, é de 300.000 euros. Deles, o Consorcio, que xestiona a escola, desembolsará 225.000 euros (cunha achega do 80% de Fondos Feder da Unión Europea), mentres que o montante restante, 75.000 euros, corresponderalle ao Concello das Neves.

 

O novo edificio para a escola das Neves suporá unha notable mellora na prestación do servizo, que en todo momento pretende sobre todo facilitar a conciliación laboral e familiar dos veciños do concello e da súa área de influencia.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.