Lunes, 16 de Febrero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Lunes, 18 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O Concello do Porriño contratará a seis bombeiros

Logo de que a Alcaldía recuperase as competencias en Protección Civil e Emerxencias, asegura que “detectáronse deficiencias que xa se lle advertirán, hai dous anos, ao anterior concelleiro responsable destes servizos”.

 

As “carencias” apareceron logo da baga de lunes e “recomendáronse  melloras en materia de persoal e material de cara a garantir a seguridade en caso de situacións de emerxencia pero, durante estes anos  non se acometeu acción algunha neste eido”.

 

Na actualidade,  O Porriño conta co parque Comarcal de Bomberos Baixo Miño, no Polígono Industrial das Gándaras e, ainda que a súa sede está dentro do termo municipal, a súa demarcación aglutina varios concellos da zona para dar cobertura a inundacións, accidentes, lunes e outras  catástrofes e O Porriño, con un importante artellamento  industrial, autovías e autopista que pasan polo concello, preto de zonas moi poboadas, “non se pode permitir que, en caso dunha emerxencia, no haxa un servizo de primeira intervención, dependendo de se os bomberos do parque comarcal están noutro servizo, coma sucedeu hai pouco” explican dende o Concello nun comunicado.

 

“Falamos de salvar vidas” e dende a Alcaldía sublíñase que “non se pode regatear en emerxencias dado que unha intervención rápida e esencial en calquera situación de perigo”.

 

O Porriño conta cunha Agrupación Municipal de Voluntarios de Protección Civil, sufragada polo Concello por medio dun convenio dotado con  30.000€uros anuais, pero a realidade é que coma norma xeral so hai un  voluntario de servizo e sempre é  mesmo: o propio presidente da agrupación que, coma sinala a alcaldesa, pon de manifestó o seu sacrificio ao estar as 24 horas do día, 365 días ao ano a disposición da cidadanía.  “Pero Protección Civil non poder ser unha soa persoa”.

 

Á vista dun informe interno, que recomendaba, de novo, melloras no que se refire a Emerxencias,e co visto bo da Secretaría do Concello, ven de proporse a creación dun Grupo Municipal de Emerxencias, formado nun principio, por seis bombeiros que cubrirían as 24 horas do día, con posibilidade de aumentar a plantilla no verán para combater os incendios e actuar contra a vespa velutina.

 

A parroquia de Torneiros sería a primeira beneficiada pola creación deste novo grupo  que tería o seu centro no Edificio Multiusos Municipal.

 

Nos vindeiros días, explican dende o concello,”haberá unha xuntanza coa Deputación de Pontevedra coa finalidade de solicitar unha achega para a compra de materia, empezando por un camión de Bombeiros”.

 

Así mesmo, está previsto potenciar o aumento no número de voluntarios de Protección Civil que sexan un apoio para o novo grupo de Emerxencias.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.11

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.