Sábado, 31 de Enero de 2026

Xornal21.es
Miércoles, 20 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
MOS

A exposicións ‘En feminino. Sentimentos, vivencias e paisaxes’ no Pazo de Mos

A primeira mostra correrá a cargo de Alicia Sarmiento e estará aberta do 1 ao 31 de marzo

Alicia Sarmiento, Malís, inaugurará a súa mostra titulada ‘Sentimentos e cores’ o vindeiro 1 de marzo ás 19.30 horas, sendo a primeira do ciclo de exposicións ‘En feminino. Sentimentos, vivencias e paisaxes’ que albergará o Pazo de Mos ata o mes de xuño e que organiza a Fundación Pazo de Mos.

 

‘Sentimentos e cores’ de Alicia Sarmiento permanecerá aberta ao público ata o 31 de marzo. Sobre a súa pintura Sarmiento declara que “permíteme exteriorizar o interior da miña alma e plasmar en cada lenzo en branco meus sentimentos. Eles son os que manexan meus pinceis e usando o arco iris da paleta do meu estado de ánimo permítemme crear en cada unha das miñas obras unha persoal explosión de cor e vida”.

 

En maio chegará o turno de Raquel Rocha. Natural do Porto, é formada e apaixonada desde sempre polo deseño e ten como desafío de vida utilizar este xesto tan primitivo, simple e fráxil en toda a súa plenitude de expresión artística, elevando ao máis alto nivel, a compoñente complexa do amor.

 

A mostra ‘Atmosferas’ de Marta do Campo será no mes de xuño e sobre ela a artista declara que “baixo o título de ‘Atmosferas’ englobo unha serie de obras nas que a temática principal son as paisaxes e lugares de Galicia. A atmosfera dun lugar ven determinada por unha serie de factores que fan ese momento e lugar únicos. A hora do día, a estación do ano, as condicións atmosféricas e o estado de ánimo de quen observa fan ese momento irrepetible, e as sensacións e sentimentos que me producen e o que trato de plasmar nas miñas obras. A atmosfera e a alma dunha obra”.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.