Sábado, 27 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 21 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Nigrán Decide inicia o proceso para formar a súa candidatura

As persoas candidatas para encabezar a lista teñen de prazo até o 28 de febreiro para inscribirse

NIGRÁN DECIDE iniciou o proceso de elaboración da candidatura que se vai presentar ás eleccións municipais de maio.

 

O partido independente pretende que a candidatura para as eleccións municipais de 2019 sexa ""elaborada por consenso, formando un equipo de traballo homoxéneo. Ademais, "preténdese que a candidatura sexa paritaria por xénero, os postos de mulleres e de homes deberán ser alternos, representativa de todas as parroquias e con presenza importante da mocidade de Nigrán" segundo explican.

 

No proceso realizaranse dúas eleccións consecutivas. Unha para elixir a persoa que encabece a candidatura e outra para elixir o resto da candidatura, finalizando o prazo para inscribirse como persoa candidata de NIGRÁN DECIDE o día 28 de febreiro de 2019 ás 23:59 horas.

 

Na segunda fase de elaboración da candidatura, a persoa que resulte elixida como candidata de NIGRÁN DECIDE á Alcaldía elaborará unha proposta de candidatura, seguindo os principios, obxectivos e características recollidas no regulamento de elaboración da candidatura, que terá que ser referendada pola asemblea.

 

As persoas que desexen formar parte deste proceso electoral interno de NIGRÁN DECIDE, ben como candidatas ou como electoras, deberán inscribirse mediante o envío dun correo electrónico á dirección nigran.decide@gmail.com ou mediante o envío dunha mensaxe ou whatsapp ao número de teléfono 686 47 45 83.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.