Jueves, 25 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Jueves, 21 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Deputación financia con 110.000 euros a substitución do tellado do antigo edificio do Concello

Trátase dun investimento do Plan Concellos, ao través do cal a Deputación pon este ano a disposición da vila un total de 756.382,79 euros, un 3,32% máis que no 2018

O deputado provincial de Cooperación, Carlos Font, informou da aprobación o próximo venres pola Xunta de Goberno da Deputación dun novo investimento para Salvaterra de Miño con cargo á liña 1 do Plan Concellos 2019. En concreto, son 107.920,51 euros cos que a vila poderá financiar a substitución do tellado e carpintería do antigo edificio do concello. Este ano a institución provincial pon a disposición de Salvaterra de Miño ao través do Plan un total de 756.382,79 euros, un 3,32% máis que no 2018.

 

Máis polo miúdo, as actuacións previas comprenden a demolición e retirada do tramado de madeira, tella e muro pincho; a desmontaxe e retirada da carpintería exterior, canlón e baixantes; tamén a execución de remate de muro de fachada con cachotería de pedra e a retirada de mamparas de oficina. Posteriormente, vanse poñer en marcha as obras necesarias para concluír coa substitución da carpintería e da cuberta con tella cerámica curva vermella.

 

Ademais das achegas correspondentes á Liña 1, que son este ano de 522.277,6 euros, o concello de Salvaterra tamén ten á súa disposición polo Plan Concellos 2019 un total de 67.890,51 euros na Liña 2 de amortizacións e débedas. Así mesmo, outros 166.214,68 euros da Liña 3 de emprego cos que a Deputación financia a contratación de 20 traballadores e traballadoras para o concello.

 

Neste novo ano 2019, no total da provincia, a Deputación de Pontevedra pon a disposición dos 59 municipios ao través do Plan Concellos case 43 millóns e medio de euros, o que supón un 3,3% máis que no exercicio anterior.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.