SALCEDA DE CASELAS
O Entroido de Salceda volve aos anos 70
A Casa da Cultura Castelao acolleu esta semana a presentación da programación de Entroido, presentandose a programación prevista para estas festas, que se extenderá dende o 1 ata o 5 de marzo, e que contará con tres grandes desfiles polas rúas da vila: o desfile escolar con máis de 1.200 nenos e nenas o venres 1, o XXI desfile de carrozas e comparsas coa participación de 13 agrupacións xa confirmada, e por último o desfile que enfrontará aos barrios de A Feira e Castro Barreiro o martes 5, e que forma o acto central do Entroido histórico de Salceda, con máis de 125 anos de enfrontamento documentado entre ámbolos dous barrios
Como novidade presentouse este ano o “Baile anos 70” que terá lugar o domingo ás 22:00 na Praza do Concello e que contará coa “Orquestra Sur”, unha proposta da Escola de Música de Salceda que recuperou a histórica formación existente en Salceda ata a década dos 70 e coa que bailaron moitos e moitas salcedenses durante anos. A modo de homenaxe a aquela histórica agrupación preséntase esta proposta que de seguro conseguirá encher a Praza do Concello e devolvernos á década dos 70, para o que se pide que as persoas asistentes acudan tamén con vestimentas acordes coa época.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217