Viernes, 30 de Enero de 2026

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 20 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
Mos

Medio Rural investirá 45.000 euros en arranxo de camiños municipais

É o terceiro ano consecutivo que percibe esta achega a través do Plan de camiños municipais da consellería

O Concello de Mos recibirá este ano preto de 45.000 euros con cargo ao Plan de camiños municipais da Consellería do Medio Rural. Así o confirmou hoxe o director da Axencia Galega de Desenvolvemento Rural (Agader), Miguel Pérez Dubois, nunha visita ao municipio na que estivo acompañado polo delegado territorial da Xunta en Vigo, Igancio López-Chaves, e a propia alcaldesa do municipio, Nidia Arévalo, xunto co tenente alcalde mosense, Alberto Méndez, e o concelleiro de Vías e Obras, Luis Alonso.

 

Tamén con cargo a este mesmo plan o ano pasado o Concello recibiu outra subvención polo mesmo importe. Naquel momento, o goberno local presentou un proxecto de mellora da seguridade viaria no camiño Quiringosta, parroquia de Sanguiñeda, e no 2017 destinou esta mesma achega aos camiños da Fábrica e de Sequeiros.

 

Ademais, durante a visita ao municipio os portavoces coñeceron o resultado das obras acometidas grazas ás axudas do Plan de Infraestruturas Rurais (PIR) de 2018, tamén da Consellería do Medio Rural. A través deste programa, o goberno local de Mos puido mellorar a seguridade dos viarios de Cerdedelo, na parroquia de Torroso. En total a Consellería do Medio Rural leva investidos en só tres anos máis de 177.000 euros nos camiños deste municipio co obxectivo último de aumentar a mobilidade dos veciños e, polo tanto, mellorar a súa calidade de vida.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.168

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.