Sábado, 08 de Noviembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Domingo, 24 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
Mos

Veciños de Torroso pídenlle a Grandal un desfibrilador para o Centro

A iniciativa veciñal recolleu preto dun cento de firmas

Un grupo de veciños e usuarios do Centro Dotacional de Torroso veñen de recoller firmas nun documento no que se pide a Camilo Grandal, Presidente da Comunidade de Montes de Torrroso, a creación dunha “zona cardioprotexida” coa instalación dun aparello de Desfibrilación Externa Automática (DEA) ou Desfibrilación Externa  Semi Automática (DESA)  nestas instalacións.

 

"Os desfibriladores automáticos son aparellos moi lixeiros, fáciles de utilizar cun mínimo de entrenamento, fiables, seguros  e o seu custe baixou moito nos últimos tempos" sinalan.

 

Pola súa parte os profesionais sanitarios alertan que cando se produce unha parada cardíaca fora dun centro sanitario, a intervención inmediata de persoas non sanitarias, pero formadas na práctica de manobras de  resucitación  cardiopulmonar (RCP) e na aplicación de  desfibrilación precoz, constitúe un elemento fundamental para manter a "cadea de supervivencia" de quen sofre a parada cardíaca.

 

A iniciativa, que xa leva recollidas preto dun cento de firmas e está avalada por persoal sanitario e das emerxencias, pretende a instalación neste espazo público dun aparello desfibrilador semiautomático así coma a formación obrigatoria tanto para o persoal docente coma para os traballadores do Centro Dotacional que lles sirva para actuar no caso dun incidente sanitario con parada cardiaca.

 

Dicir que as instalacións do Centro Dotacional de  Torroso teñen unha alta afluencia de público, entre o que se inclúen os 300 alumnos da Escola de Música de Mos que asisten a diario ás clases, persoas maiores que realizan exercicio físico nas instalacións asistindo a cursos coma  Pilates, Tai-Chi, Baile… ou os centos de visitantes que acoden aos actos programados no auditorio ou na súa cafetería do centro.

 

Os promotores da iniciativa salientan que “a pesar de que non hai ningunha normativa que obrigue a instalar  desfibriladores, é unha medida moi recomendable neste espazo xa que pode chegar a ‘salvar vidas’. O investimento necesario é moi baixo e na  actual época de ‘saúde económica’  na que se atopa a Comunidade de Montes de Torroso poderíase asumir perfectamente” segundo sinalan.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.