Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Jueves, 21 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

A Guarda inaugura este venres a nova Casa do Concello

A Guarda inaugura este venres a nova Casa do Concello na “casa dos Alonsos”, lugar no que se atopan as dependencias municipais dende finais de 2018.

 

O acto de inauguración, que terá lugar ás 18:00 h na Praza do Reló, contará coa asistencia da Subdelegada do Goberno, a Directora Xeral de Administración Local, a Presidenta da Deputación de Pontevedra e a corporación local. Ao evento tamén están convidados, entre outras personalidades, alcaldes e alcaldesas da Comarca do Baixo Miño, así coma unha representación de ex-alcaldes, ex-concelleiros, empregados municipais, representantes de partidos políticos, asociacións e institucións públicas e privadas ligadas á vida municipal da Guarda.

 

Durante o transcurso do acto descubrirase unha placa conmemorativa, realizarase o corte simbólico da cinta na porta de acceso ao edificio e proxectaranse varios vídeos sobre turismo, historia e vida institucional da Guarda. Tamén haberá unha pequena exposición sobre fondos artísticos e publicacións municipais.

 

A Casa do Concello tivo ao longo da súa historia varios propietarios, pasando a ser propiedade municipal dende o ano 2001. Comezando as obras de rehabilitación no ano 2009 e rematando as mesmas o pasado verán de 2018. O edifico orixinal era unha «Casa Indiana» de arquitectura señorial urbana cunha elegante fachada de pedra nobre que foi conservada e restaurada.

 

Este novo edificio permite que, a partir de agora, a veciñanza da Guarda teña unha moderna sede municipal e dea uns servizos de calidade acorde cos tempos que vivimos.


Dende o Concello da Guarda convídase á toda cidadanía a asistir a este histórico acto de inauguración da nova Casa do Concello.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.