SALCEDA DE CASELAS
O PP denuncia “Caos” co inicio “apresurado” das obras da rúa Compostela
O PP lamenta que o Concello non “paralizase” o inicio das obras, tal e como solicitou por rexistro o pasado venres, ata que o novo centro de saúde de Mártires de Sobredo esté en marcha debido a que os traballos poden executarse ata finais de 2020
O PP de Salceda de Caselas denuncia “as présas” do Alcalde “por lavarlle a cara ás rúas antes das eleccións sen pensar nos problemas que poida ocasionar os veciños” en alusión ás obras de reforma da rúa Compostela, que “mañá tras mañá” ocasionan un “caos circulatorio impresionante” ás portas do actual centro de saúde como consecuencia do corte parcial deste vial, de sentido único e unha das arterias principais do municipio. Precisamente, os populares solicitaron o pasado venres a través do rexistro do Concello a “paralización” do inicio dos traballos ante a previsión de dificultades para acceder o ambulatorio.
"Lamentablemente, as predicións fixéronse realidade. Esta semana, unha veciña resultou ferida o cair o chan tras tropezar o seu andador nas inmediacións do centro de saude, xusto despois de baixar do vehículo que a achegou ao médico e que non puido acceder ata a porta porque lle negaron a retirada dos valos. A este risco para os salcedenses unese a acción da policía local multando a quenes paran os seus coches o inicio da rúa para deixar e recoller os familiares que acoden o médico" excplican.
Atracón de asfalto por eleccións
“A rúa Compostela leva anos en mal estado e, con todo, o Sr. Marcos Besada éntranlle agora as présas por arranxala, a só tres meses das eleccións, con todos os problemas que iso carrexa para os veciños o inhabilitar parte da vía”, explica o candidato popular á Alcaldía de Salceda, Santiago Rodríguez Davila, quen cre que “o máis lóxico fose esperar á posta en marcha do novo centro médico da rúa Mártires de Sobredo, así a afluencia de tráfico e de peóns en Compostela sería menor e as molestias reduciríanse moitísimo”.
"As obras están incluídas no Plan Concellos da Deputación de Pontevedra cuxo prazo de execución finaliza a finais de 2020 (mediados de 2021 coa prórroga), un ano despois da data prevista para a inauguración do novo centro de saúde de Salceda". Para Rodríguez Davila, “non existe unha urxencia inmediata para arranxar a rúa despois de tantos anos en mal estado así que o máis sensato sería esperar a trasladar o centro médico á nova localización para sacar da rúa Compostela a gran afluencia de tráfico e planificar mellor as obras, quizá non se fixo así porque o Alcalde necesita un “atracón” de asfalto en tres meses “para poder vender algunha xestión os veciños”.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217