SALUD
O equipamento TC intraoperatorio leva realizadas 11 intervencións
No hospital vigués Álvaro Cunqueiro
O novo TC intraoperatorio, instalado no bloque cirúrxico do Hospital Álvaro Cunqueiro, ven a consolidar a revolución tecnolóxica que permite a realización de cirurxías de gran complexidade e que necesitan cada vez unha maior precisión. Así o explicou o xefe de servizo de Neurocirurxía do CHUVI, Cesáreo Conde, no transcurso da visita aberta aos medios de comunicación a este quirófano. Nesta presentación estiveron presentes o conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, e o xerente da EOXI de Vigo, Félix Rubial.
O novo equipamento é o máis moderno dos que funcionan nos hospitais españois. Comezou a súa actividade o pasado 18 de decembro, día no que se realizou a primeira intervención.
Desde entón ata hoxe efectuáronse xa 11 operacións, todas elas de columna vertebral. Algunhas delas realizáronse de forma conxunta entre neurocirurxiáns e traumatólogos. A próxima semana comezarán as intervencións de cranio guiadas polo TC intraoperatorio.
“Estas intervencións de columna presentaban gran complexidade, polo que o uso do TC no quirófano é dunha utilidade máxima nestes casos dado que permite coñecer e monitorizar a situación real do paciente, antes, durante e despois da cirurxía” explicou o doutor Conde.
Imaxes xestuais
O sistema tecnolóxico asociado ao TC intraoperatorio permite dispoñer no propio quirófano de imaxes xestuais de última xeración en 3D, o que supón un avance transcendental á hora de comprobar o estado real do paciente en cada momento da intervención.
De feito, o doutor Conde afirma que “esta tecnoloxía está a cambiar radicalmente a cirurxía de columna vertebral que facemos no hospital”.
O novo equipo supón unha gran transformación e un importante avance nos procedementos de imaxe intraoperatorios. Trátase dun sistema que permite estudar un órgano en seccións, diferenciando tecidos, o que implica unha gran vantaxe fronte ás técnicas convencionais de neurocirurxía.
A cirurxía guiada pola imaxe posibilita realizar intervencións menos invasivas, con menor dano aos tecidos, de forma máis segura e precisa, ao tempo que reduce os períodos de recuperación postoperatoria do paciente.
O TC intraoperatorio permite replanificar “in situ” a cirurxía e comprobar o resultado conseguido. Ademais, implica un aforro de estudos previos e de comprobación posteriores á intervención.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218