Jueves, 25 de Diciembre de 2025

Xornal21.es
Lunes, 25 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
SALVATERRA DE MIÑO

Salvaterra ampliará a gardería infantil en 33 novas prazas

Nos últimos 3 anos naceron no municipio 257 nenos

O incremento da natalidade en Salvaterra de Miño fai necesario unha ampliación dá Gardería Infantil pertencente á Galiña Azul e que conta na actualidade con 63 prazas, así llo transmitiu a Tte de Alcalde, Marta Valcárcel, ao Xerente do Consorcio de Servizos de Igualdade e Benestar ,Don Perfecto Rodríguez, na súa última visita á Escola Infantil do municipio.


O Concello de Salvaterra remitirá o proxecto ao Consorcio de Igualdade para dotar de 2 novas aulas e remodelar o patio da gardería. A gardería está emprazada nunha zona de equipamentos educativos xunto ao colexio Infante Felipe, o IES e o pavillón Cándido Carrera.


“Queremos potenciar a Gardería para aumentar a cobertura de servizos e fomentar a conciliación das familias”, manifesta a primeira tenente de alcalde de Salvaterra, Marta Valcárcel.


Nos últimos 3 anos, naceron no municipio 257 nenos. “Salvaterra é un dos poucos municipios nos que crece a poboación. Moitas parellas escollen o noso Concello para vivir debido aos servizos e á calidade de vida que ofrece o noso municipio, incremento de poboación que se notou nos últimos anos”.


 O Concello leva anos apostando por servizos e actividades para as familias con fillos pequenos, por exemplo os campamentos de conciliación que se organizan desde o Concello en Nadal, Semana Santa e no verán. Estes últimos, adianta Marta Valcárcel, van ampliarse en catro quincenas que darán cobertura aos meses de xullo e agosto.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.