GALICIA
Galicia rexistra a maior cifra de empresas exportadoras da súa historia
As vendas ao exterior das compañías galegas sumaron o ano pasado máis de 22.857 millóns de euros, e medraron case o dobre que no conxunto de España
Galicia logrou en 2018 un novo récord de exportacións, superando nun 5,4% o rexistro do ano anterior, e logrando tamén o maior número de empresas exportadoras e empresas exportadoras regulares da súa historia. Así, as vendas ao exterior das empresas galegas sumaron o ano pasado máis de 22.857 millóns de euros, e medraron case o dobre que no conxunto de España, onde se incrementaron nun 2,9%.
Segundo os datos publicados polo Ministerio de Industria, Comercio e Turismo, as exportacións galegas, que superan por primeira vez a barreira dos 22.000 millóns de euros, supoñen un 8% do total das exportacións con orixe en España. Ademais, Galicia pechou o ano coa terceira mellor balanza comercial en termos absolutos, despois de País Vasco e Navarra, cun saldo positivo de 3.835,5 millóns de euros.
Isto é posible en boa medida grazas a que as pequenas e medianas empresas da Comunidade apostan cada vez máis polos mercados exteriores. Nunca antes venderan ao exterior tantas compañías galegas, e así, en 2018 exportaron un total de 7.259 firmas, un 8,1% máis que en 2017. Destas, 2.498 son empresas exportadoras regulares, aquelas que exportaron nos últimos catro anos consecutivos, unha cifra que é un 3,5% superior á do ano anterior.
Galicia pechou o ano coa terceira mellor balanza comercial en termos absolutos, cun saldo positivo de 3.835,5 millóns de euros
Cómpre sinalar os incrementos experimentados ao longo do pasado exercicio nas exportacións de sectores como os aparellos e material eléctrico, cun 74,7%; a madeira e as súas manufacturas, cun 11,8%; a metalurxia, cun 9,9%; ou a automoción, cun 8%.
No tocante aos destinos, no pasado ano sobresae a evolución das exportacións cara a Organización para a Cooperación e o Desenvolvemento Económicos (OCDE), cun incremento do 6,6%, a Organización de Países Exportadores de Petróleo (OPEP), cunha suba do 12,1%; e o Mercosur, cun crecemento do 22%.
Por países, destacan os incrementos das vendas a Bélxica, cun aumento do 35,2%; Portugal e Polonia, cun 14%; Reino Unido, cun 13,3%; Italia, cun 10,4%; Francia, cun 6%; China, cun 6,7%; e Xapón, cara onde as exportacións se incrementaron nu 6,2% o ano pasado.
Para seguir avanzando neste camiño, no que é fundamental a aposta das compañías galegas pola innovación e pola calidade que acompañan á Marca Galicia, a Xunta continuará a colaborar co tecido empresarial a través da Estratexia de Internacionalización da Empresa Galega, para que o tecido empresarial siga medrando e sexa máis competitivo.
Así, mediante os programas do Foexga e do Galicia Exporta, a Consellería de Economía, Emprego e Industria vai investir 11,6 millóns de euros, o que supón un incremento de 3,7 millóns de euros con respecto ás anteriores edicións, para chegar a preto de 1.000 empresas.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.123