MOS
Os 100 participantes no novo PIE de Mos realizan as entrevistas
Os usuarios do PIE beneficiaranse ata finais de outubro de atención persoalizada, formación e intermediación laboral co obxectivo de acadar a máxima porcentaxe de inserción
O novo Programa Integrado de Emprego Mos 3.0, que chega á súa IV edición baixo o título ‘SOMOSMOS Somos Emprego’, xa se atopa en marcha e, tras a selección das 100 persoas en situación de desemprego participantes, o equipo técnico que xestiona o plan atópase entrevistando persoalmente e un por un a ese cento de participantes para poder iniciar canto antes o itinerario laboral axeitado e idóneo para cada un deles. Así o informaron onte a alcaldesa mosense, Nidia Arévalo, e o concelleiro de Promoción Económica e Emprego, Óscar Soto, quenes ademais mantiveron unha reunión cos técnicos do PIE nas instalacións da Axencia de Colocación de Mos.
O IV PIE Mos 3.0 conta cunha subvención de 250.000 euros da Xunta de Galicia. O Programa integrado de Emprego encádrase dentro das políticas activas de emprego que se desenvolven dende o Concello de Mos e móstrase como un catalizador de tódalas “oportunidades” de emprego ás que as persoas en busca activa de emprego poden acceder, así como as empresas que buscan perfís determinados para ás mesmas.
A Consellería de Economía, Emprego e Industria, cofinancia este programa, orientado a explorar novas alternativas de inserción laboral dos demandantes con especiais dificultades de acceso ao emprego.
Este Programa Integrado de Emprego permanecerá en activo ata o 31 de outubro do presente ano 2019.
Dos seus 100 usuarios participantes 6 son persoas desempregadas en risco de exclusión social (incluidas as perceptoras de Risga), 4 persoas con dicapacidade, 35 persoas desempregadas menores de 30 anos con baixa cualificación, 25 persoas desempregadas menores de 30 anos cualificadas, 25 persoas desempregadas maiores de 45 anos, e 5 persoas cobrando prestación ou subsidio de desemprego.
Este programa foi denominado: IV Programa integrado de emprego MOS 3.0. para darlle continuidade á marca utilizada dende o ano 2015, e que hoxe en día coñécese entre as empresas e entidades colaboradoras. Trátase dun Programa Integrado de Emprego, homoxéneo, global e sistémico que vai a permitir establecer itinerarios individualizados e integrados de inserción, orientados á mellora da ocupabilidade dos participantes no programa, á mellora das competencias profesionáis, a través de formación adaptada ás necesidades detectadas en colaboración coas empresas colaboradoras do proxecto, ou ben a través de formación transversal e complementaria, que complete o perfil do usuario, derivándoo a un período de prácticas nas empresas, cuxa finalidade é a participación nos procesos selectivos que a empresa esté desenvolvendo e finalmente a inserción.
Trátase dun Programa moi ambicioso, que o que pretende é consolidar a actuación de intermediación laboral que dende a concellería de emprego a través da Axencia de Colocación se realiza, e enriquecela con ferramentas novedosas e innovadoras, que apostan totalmente polo contacto directo e continuo co tecido empresarial, perseguindo cubrir as necesidades de persoal, con perfiles profesionais que se axusten ás súas necesidades. Avalan ao Concello os anteriores Programas Integrados de Emprego desenvolvidos, obtendo uns resultados de inserción aproximados a un 66% de media. Neste Plan, o Concello comprometeu acadar un 45% como mínimo de inserción.
O orzamento total do proxecto é de: 312.000 €. O equipo directivo está formado por 3 técnicos/as de orientación e prospección laboral e intermediación laboral.
Entre outros, o servizo fundamental que ofrece o PIE é atención persoalizada e grupal ás persoas participantes. A metodoloxía de traballo esta baseada en técnicas de coaching, e serán as persoas desempregadas os propios protagonistas dos seus procesos de empregabilidade. O obxectivo é mellorar a súa empregabilidade dende unha óptica que os sitúa nunha posición activa, comprometida e solidaria ante os grandes retos que impón a situación actual.
O programa concibe á persoa desempregada como a portadora das competencias necesarias para facer frente á situación, e por elo, aplica un programa de traballo deseñado para potenciar a adquisición, desenvolvemento e/ou descubrimento de ditas competencias. Para logralo, é fundamental o traballo sistemático e organizado dun equipo de desempregados/as de distintas idades e cualificacións, que funcione seguindo un modelo de empresa, baixo a responsabilidade dun profesional competente e especializado neste modelo de intervención.
Ademais de atención persoalizada, os/as beneficiarios/as do PIE recibirán formación e intermediación laboral coas empresas, así como formación específica establecida coas empresas colaboradoras, co obxectivo de acadar compromisos de inserción.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22