GALICIA
O Consello da Xunta autoriza a prórroga do Plan de Transporte Metropolitano da área de Vigo
O Goberno galego achegará 1,1M€ para financiar o 80% dos descontos nos billetes, os transbordos e as bonificacións adicionais a usuarios recorrentes e membros de familias numerosas
O Consello da Xunta de Galicia autorizou na súa reunión desta semana a prórroga do convenio de colaboración para o desenvolvemento conxunto do Plan de Transporte Metropolitano de Galicia na Área de Vigo para o ano 2020, cun investimento autonómico de case 1,4 millóns de euros.
Segundo este acordo, o Goberno galego achegará 1,1 millóns de euros que permitirán financiar o 80% dos descontos que se aplican nos billetes interurbanos, ademais do 100% dos transbordos, que son gratuitos, e as bonificacións adicionais para usuarios recorrentes e membros de familias numerosas.
Os 12 concellos que integran a Área de transporte metropolitano de Vigo achegarán en su conxunto preto de 266.000 euros.
Grazas a este acordo garántese a continuidade un ano máis dun plan social que supón importantes aforros económicos para os usuarios e segue a senda do fomento do transporte público por parte do Goberno galego.
O Plan de Transporte Metropolitano na área de Vigo rexistrou o pasado ano máis de 3 millóns de viaxes na comarca e, en canto a modalidade de transporte, cómpre destacar que o 40% dos desprazamentos seguen a corresponder cas navieiras e o 60% co autobús.
Coa súa achega, a Xunta financia ademais o 15% de desconto adicional que se aplica aos usuarios recorrentes e a membros de familias numerosas, neste caso de entre o 20% e o 50% en función da categoría.
Desa forma, o uso da tarxeta de Transporte Metropolitano permite aforros de ata os 600 euros anuais nos desprazamentos cotiás, unha menor contía que a que se acada noutras cidades galegas, debido á negativa do Concello de Vigo a integrar o transporte urbano.
A Área de Transporte Metropolitano de Vigo está integrada por un total de 12 concellos: Baiona, Cangas, Fornelos de Montes, Moaña, Mos, Nigrán, O Porriño, Pazos de Borbén, Redondela, Salceda de Caselas, Salvaterra de Miño e Soutomaior.
O Plan de Transporte Metropolitano de Galicia está a funcionar actualmente en cinco áreas de Galicia (A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo e Vigo) con 65 concellos incorporados, permitiu subvencionar o pasado ano case 15 millóns de viaxes, que supón un incremento do 4,5% con respecto ao ano anterior.
Tarxeta Xente Nova
No marco do Plan de transporte metropolitano, preto de 49.500 mozos menores de 19 anos viaxan gratis no autobús interurbano grazas á Tarxeta Xente Nova, implantada en agosto de 2016 polo Goberno galego.
En concreto, na área de transporte metropolitano de Vigo distribuíronse máis de 12.400 desde a súa posta en marcha.
Con este programa búscase facilitar o acceso da mocidade aos servizos básicos como a sanidade ou a educación, fomentando o emprego do transporte público, formando ás novas xeracións no seu uso, ao tempo que se axuda de forma substancial ás economías familiares.
Plan de Transporte Público de Galicia
O Goberno galego está a traballar actualmente na reordenación de todas as liñas de autobús de Galicia co obxectivo de ofrecerlle aos cidadáns uns sistema de transporte público máis útil e atractivo.
Así, no marco do Plan de transporte público de Galicia, de forma progresiva, desenvolverase a posta en marcha dunha área única de transporte que estenda os beneficios do Plan de transporte metropolitano a todas as liñas interurbanas de Galicia. Esta iniciativa levará grande vantaxes sociais a todo o territorio, especialmente ao rural, onde a poboación se poderá beneficiar de importantes medidas sociais.
Así o uso da tarxeta TMG para o pago do billete suporá un desconto do 10% con respecto ás tarifas xerais xa desde o primeiro día, con bonificacións extra por recorrencia, e todos os menores de 19 anos poderán empregar a tarxeta Xente Nova para viaxar de balde.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61