Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 22 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

A Deputación aposta polo turismo sostible na Feira Internacional de Turismo Ornitolóxico en Cáceres

Turismo Rías Baixas contará cun expositor no que difundirá material promocional e novas guías de aves da provincia e apoiará ao concello de O Grove coa súa presenza

A Deputación de Pontevedra, a través de Turismo Rías Baixas, está  presente esta fin de semana na Feira Internacional de Turismo Ornitolóxico (FIO) que se celebra no Parque Nacional de Monfragüe, en Cáceres, cun expositor no que difundirá material promocional da provincia e as novas guías de aves da provincia elaboradas en colaboración con SEO BirdLife. Desta maneira, a institución provincial tamén apoiará ao concello de O Grove, que divulgará o seu Proxecto de Inversión Ornitolóxica e a Reserva Ornitolóxica do municipio.

 

Máis polo miúdo, a Deputación levará a FIO 900 guías das aves do interior, 900 guías de aves do litoral, 200 postais e 500 guías da ruta Voando nas Rías Baixas. Neste eido, tamén estarán dispoñibles no expositor guías de Birding, Camelias, Cultura, Patrimonio, Arquitectura Contemporánea, Natureza, Gastronomía e Experiencias. Así, o goberno de Carmela Silva reforza a súa aposta polo turismo sostible, o respecto polo medio ambiente e a internacionalización e desestacionalización do destino Rías Baixas. Na mesma liña, este tipo de accións enmárcanse no obxectivo da Deputación de poñer en valor os recursos naturais, así como o desenvolvemento turístico e económico sostible en zonas de alto valor ecolóxico, a través da observación e o coñecemento das distintas especies de aves presentes nos mesmos.

 

A Reserva Ornitolóxica do Grove é un espazo protexido pola Rede Natura declarado zona húmida de importancia internacional, Zona de Especial Interese Comunitario e a reserva ornitolóxica máis grande de España, da que a Sociedade Española de Ornitoloxía (SEO/BirdLife) é xestora. Este espazo xa está a ser promocionado polo goberno provincial a través do programa “Voando nas Rías Baixas”, que permite coñecer a riqueza ornitolóxica de lugares coma esta reserva da vila do Salnés, o esteiro do Río Miño e a Ramallosa, a enseada de San Simón, as Brañas de Xestoso e a Serra do Suído.  Neste senso, esta iniciativa da Deputación está a ter un gran éxito ao esgotar as prazas en cuestión de horas.

 

A Feira Internacional do Turismo Ornitolóxico é un evento dirixido a profesionais do sector turístico deseñado co fin de propiciar oportunidades de negocio ás empresas que ofrecen servizos especializados en turismo ornitolóxico e de natureza. O parque de Monfragüe acollerá este evento dende hoxe e ata o domingo, no que tamén haberá un ciclo de conferencias, numerosos talleres, rutas guiadas, xogos, concursos e outros eventos dirixidos a todo tipo de público.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.