MOS
Mos instala o seu primeiro semáforo para invidentes
Atópase na Avenida de Sanguiñeda e a iniciativa surxiu a petición dun veciño da zona
Christian Giráldez Seijo é un veciño mosense da parroquia de Sanguiñeda que ten que cruzar todos os días a Avenida de Sanguiñeda para coller o autobús cara a Vigo. Christian é invidente e o traxecto a pé dende a súa casa ata a marquesina do bus complicábase á hora de cruzar no paso de peóns, así que se dirixiu ao Concello para solicitar a instalación no semáforo dun sistema acústico.
Precisamente a semana pasada reuníronse in situ Christian, a alcaldesa de Mos, Nidia Arévalo, a concelleira de Política Social, Sara Cebreiro, o edil mosense de Vías e Obras, Luis Alonso, e representantes da empresa instaladora do dispositivo para definir as características específicas do mesmo en función das demandas e necesidades concretas de Christian.
Tras o encontro con Giráldez determinouse que o sistema a instalar será un dispositivo acústico activable por Bluetooth que o propio Christian poderá poñer en marcha mediante un mando a distancia, -que xa posúe-, e/ou unha aplicación no teléfono móbil.
O sistema require agora un proceso de instalación de unhas dúas semanas, tras as que Mos contará co seu primeiro semáforo para invidentes situado na Avenida de Sanguiñeda.
O sistema acústico do semáforo activarase a demanda do usuario para evitar que funcione ininterrumpidamente. Ademais o equipo dispón dunha saída de relé para simular un pulsador de petición de paso naqueles cruces nos que sexa necesario.
O sistema acústico a instalar emitirá un sinal acústico de orientación por mando cando o usuario o accione, que lle permitirá ubicar exactamente o semáforo; un sinal acústico de activación rexistrada, que se emite unha vez o sistema foi activado e espera o ciclo de verde para dar paso; un sinal acústico de paso consistente nun tono característico intermitente, que informa ó usuario da posibilidade de cruzar de forma segura en fase verde; e un sinal acústico de fin de paso cun tono ben diferenciado do tono de paso, que avisa ao usuario da situación de fase verde intermitente. Unha vez finalizado o ciclo, o sistema volta á súa situación de reposo e deixa de emitir sons, manténdose á espera dunha nova activación.
Christian Giráldez, é un mozo de 26 anos de idade que estudou un Ciclo Superior de Deseño Web, que lle deu aos presentes unha importante lección de vida, de auto superación e de sentido do humor. A propia rexedora local, Nidia Arévalo, comentoulle que “foi todo un pracer coñecerte, aprendín un montón de cousas novas e creo que es un exemplo de iniciativa para a mocidade mosense e para a veciñanza en xeral” e agradeceulle a súa colaboración cidadá e a decisión de dirixirse á administración local para por en marcha esta gran iniciativa.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.22