GALICIA
A Xunta achega 10 millóns anuais para incrementar as axudas a 19.000 dependentes
Feijóo afirma que a Xunta seguirá traballando para que os galegos de máis idade gocen dunha atención da máxima calidade, alí onde o desexen
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, avanzou esta semana unha achega de 10 millóns de euros anuais para incrementar as contías que reciben 19.000 dependentes: un 10% para aqueles que son coidados na casa por unha persoa da súa contorna; un 15% para aqueles galegos con discapacidade e que dispoñen dun asistente persoal; e, ás persoas que contan cun apoio económico para pagar unha praza de residencia da súa elección incrementarase un 20% a contía para as dependencias de grao I e III, e un 75% para as dependencias de grao II.
Durante unha visita ás instalacións da nova residencia de maiores na parroquia de Cesantes, en Redondela, Feijóo destacou que a Xunta seguirá traballando para que os galegos de máis idade gocen dunha atención da máxima calidade, alí onde o desexen. “Levamos dez anos cumprindo e seguiremos facéndoo de cara á vindeira década, con máis prazas, con máis prestacións e, en definitiva, con mellores coidados”, dixo, lembrando que, hoxe, o servizo de Axuda no Fogar dá apoio a máis de 23.000 galegos; o programa Xantar na casa leva menú diario a máis de 1.300 maiores; e triplicouse o número de prazas públicas de centro de día, superando as 3.300.
Lembra que, hoxe, o servizo de Axuda no Fogar dá apoio a máis de 23.000 galego e o programa Xantar na casa leva menú diario a máis de 1.300 maiores
Así mesmo, o responsable do Goberno galego referiuse á posta en marcha da primeiras 30 Casas do Maior, que permitirán prestar atención diúrna aos maiores dos concellos de menos de 5.000 habitantes. E resaltou que, actualmente son xa máis de 60.000 as persoas dependentes que están atendidas na Comunidade por unha prestación ou servizo público, é dicir, catro veces máis das que había hai unha década.
De xeito paralelo, Feijóo precisou que, nestes últimos 10 anos incrementouse nun 42% o número de prazas públicas de residencias de maiores, ata chegar hoxe a máis de 7.900. E, no que vai de lexislatura puxéronse en funcionamento varios centros públicos: o Centro de día de Curtis; o Centro de día da Pobra do Caramiñal; o Centro de día de Maceda; o Centro de día de Cambados; o Centro de día e residencia de Arteixo; o Centro de día e residencia de Vilardevós; o Centro de día e residencia de Paradela; e, este centro de día e residencia de Cesantes, en Redondela.
Sobre este último, o titular do Executivo autonómico subliñou que estas instalacións ofrecen 25 prazas de centro de día e 21 prazas públicas de residencia. “Estamos a falar dun centro que conta coas máximas prestacións: sala de fisioterapia e ximnasio, sala de usos múltiples con zona de xogos e un amplo xardín adaptado con case 1.500 metros cadrados con vistas á ría”, concluíu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.61