Domingo, 22 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Domingo, 24 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
PROVINCIA

Carmela Silva anima para que o 8 de marzo sexa, “de novo, unha proba da forza das mulleres”

Confirmou que secundará a folga de 24 horas e fixo un chamamento ás traballadoras da Deputación para que deixen baleiros os despachos

A presidenta da Deputación de Pontevedra, Carmela Silva, adiantou esta semana, con motivo do Día Internacional da Igualdade Salarial, algunha das actuacións que o goberno provincial vai impulsar de cara ao vindeiro 8 de marzo. “Como muller que cree profundamente na igualdade, que xa non ten marcha atrás, fago un chamamento para quentar motores de cara ao 8 de marzo, para que sexa, de novo, unha proba da forza das mulleres”, asegurou Silva.

 

Deste xeito, a presidenta adiantou que o vindeiro venres, 1 de marzo, instalarase tanto no Pazo Provincial como na sede de Vigo da Deputación, grandes pancartas para animar ás mulleres da provincia a participar na folga feminista de 24 horas, “que todas saian ás rúas pacificamente, co pensamento, coa palabra, que é o que facemos as mulleres cando pedimos a igualdade”. Así, Silva incidiu en que se trata dunha folga de 24 horas para mulleres e non dunha folga xeral e informou que “tanto eu como todas as deputadas provinciais e as mulleres do meu gabinete participaremos”. Neste contexto, a presidenta tamén animou ás funcionarias da Deputación a que se sumen á folga e baleiren os despachos da institución “para reivindicar todas xuntas, máis nestes momentos que vivimos onde hai partidos políticos, as tres dereitas, que propoñen cousas como suprimir a lei contra a violencia de xénero, volver á lei do aborto do 85 e moitas máis barbaridades ás que as mulleres lles temos que poñer freo”.

 

 

 

 

A presidenta tamén reivindicou, no Día Internacional da Igualdade Salarial, a necesidade de medidas para reducir a fenda salarial que en Galicia ascende ao 23%

 

 

 

 

Amais da folga á que se sumarán as mulleres do goberno provincial, a presidenta adiantou que se lerá un manifesto nas escalinatas exteriores do Pazo provincial e “participaremos en todas as manifestacións que se organicen”. E, xunto a estas accións, a presidenta avanzou que a vindeira semana dará a coñecer “máis polo miúdo, a completa programación que temos prevista para este mes de marzo e abril que, como todo o que organizamos cada ano para esta data, non vai deixar a ninguén indiferente”.

 

Silva tamén quixo deterse na conmemoración do “Día Internacional da Igualdade Salarial” que se celebra hoxe. Neste eido a presidenta subliñou que a fenda salarial en Galicia sitúase no 23%, superior ao conxunto do Estado e situando á nosa Comunidade Autónoma na sétima onde o salario anual medio das mulleres é máis baixo. Tamén informou Silva que segundo o INE as galegas, despois das canarias e cántabras, son as que menos retribución por hora perciben de todo o Estado.  Amais, a presidenta provincial incidiu en que o salario medio das galegas sitúase “en niveis similares aos que tiñan os galegos no ano 2005” e que a fenda salarial no caso das pensións en Galicia sitúase no 37,2%.

 

“¿Preguntouse alguén se isto non terá algo que ver coa decisión das familias de non ter fillas e fillos? ¿Terá algo que ver coa media de 1,2 fillas/os no noso país?”. Neste eido a presidenta provincial cualificou de “sorprendente por non dicir pouco decente” a política da Xunta de Galicia “polo seu anuncio de incentivar a chegada de mulleres inmigrantes en idade fértil, como se as mulleres fósemos vasillas” e instou ao goberno autonómico a poñer en marcha medidas adecuadas para reducir a fenda salarial, facilitar a conciliación e reverter o crack da natalidade.

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.