Provincia
As XSG reconstitúen a súa Agrupación Municipal en Pontevedra
O acto contou coa presenza da subdelegada do goberno e secretaria xeral do PSdeG na cidade, Maica Larriba, o secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, entre outro cargos do PSdeG e das XSG
As Xuventudes Socialistas de Galicia (XSG) constituíron esta semana pasada a Agrupación Municipal de Pontevedra coa presenza da subdelegada do goberno e secretaria xeral do PSdeG, Maica Larriba, o secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, entre outro cargos do PSdeG, entre o que se atopaba o candidato á alcaldía Tino Fernández.
O secretario xeral electo das XSG-Pontevedra, Santiago Abal, comezou o acto e agradeceulle a súa presenza e colaboración a todos os actos do PSdeG de Pontevedra, así como da XSG presentes no acto e que puideron facer posible esta constitución.
Abal manifestou expuxo no seu discurso que “abrimos esta nova etapa na organización con moita ilusión e con moitísimas ganas de traballar para poder achegar aos xóvenes pontevedreses ás ideas socialistas e os valores republicanos. Tamén, para poder achegar a eses xóvenes á política en xeral, algo importante neste momento tan convulso que estamos a vivir no Estado español.”
O secretario xeral local animou a todos os mozos e mozas de Pontevedra “a participar neste proxecto integrador, onde cabemos todos e todas, para loitar conta todo tipo de discriminación a prol dunha sociedade máis xusta, igualitaria e tolerante.”
O mozo socialista manifestou que “sobre todo, comezamos esta etapa con moitas ganas de aprender, con moitas ganas de traballar e de facer crecer esta organización con humildade e forza. Sairemos ás rúas sempre que faga falla a defender o público, a defender aos máis vulnerables e defender os nosos dereitos como cidadáns deste mundo.”
Abal afirmou que “loitaremos por unha sociedade feminista, igualitaria e onde todos poidamos ser e amar a quen queiramos sen medo. Fronte a xenofobia, o racismo, o machismo, a LGTBIfobia e todo tipo de discriminación imos ter tolerancia 0. Combater a aquelas forzas políticas como o Partido Popular, Cidadáns e Vox que intentan crear crispación e discordia entre cidadáns.”
Concluí o secretario xeral local asegurando que “quero mostrar a nosa disposición de apoiar e axudar ao partido no que sexa, sobre todo agora que veñen as municipais e as xerais. Como xa dixen, comezamos con moita emoción e ilusión para achegar o socialismo aos xóvenes que somos o futuro deste país.”
Pola súa banda, a subdelegada do goberno, Maica Larriba pediulle aos mozos e mozas socialistas que “sexades o que tedes que ser dentro da política, xóvenes, xente nova, xente con ilusión, xente fresca, xente que non só é o futuro, senón que é o presente tamén neste momento da sociedade e que fagades da política un instrumento para transformar a sociedade.”
A secretaria xeral do PSdeG local manifestou que “a política é un instrumento, non un fin en si mesmo e polo tanto eu entendo que as XSG están para chegar a un sector da sociedade ao que os maiores ás veces non podemos chegar excepto que nos dediquemos a unha profesión determinada que sempre colleitamos e recollemos.”
Larriba manifestou que remata o día “extraordinariamente contenta con esta reconstitución” e animou aos mozos e mozas socialista a que “sigades adiante, que traballedes que cheguedes aos vosos iguais, aos vosos amigos, aos vosos compañeiros que lle transmitades o mellor da política, os valores da política os nosos desexos de transformar a sociedade participando na política da maneira máis fresca, máis digna posible, polo tanto grazas e Santi sabes que vas a contar con todo o meu apoio.”
Finalmente o secretario xeral das XSG, Aitor Bouza, manifestou a súa ledicia de poder reconstituír a Agrupación nesta cidade, xa que é un orgullo non só formar parte das XSG, senón tamén espallar socialismo por toda Galicia.” E púxose a disposición do secretario xeral recén escollido, así como de toda Agrupación para ter unha Agrupación forte e conseguir un proxecto atractivo para a mocidade
O líder socialista puxo en valor o valor do novo secretario xeral de Pontevedra que afirmou que “nos representa a todos e todas. Os valores que el expuxo con ese entusiasmo é o que precisamos. Xente que veña á política a querer de verdade facer política, xa que o abarca todo.”
Bouza comentou que “fronte homofobia, xenofobia, machismo e racismo, a xente que ama España co corazón, unha España na que cremos e na que cabemos todos e todas, saíu a berrar alto e claro que non imos permitir que ningún partido de ultradereita nos veña a roubar os dereitos conquistados.”
O mozo socialista aseverou que “nós como mozos e mozas socialistas queremos quede constancia de que imos seguir loitando non só para manter os dereitos polos que loitaron os noso país e os noso avós, senón para que os nosos fillos no futuro poidan ter os mesmos dereitos que nos herdamos.”
O secretario xeral explicou que esta constitución das XSG “sérvenos para reivindicar os valores socialistas da tolerancia, do respecto ,da dignidade humana, do feminismo, aínda que algún non saiban que feminismo é o mesmo que igualdade.”
Bouza concluír asegurando que “nós seguiremos berrando alto e forte a prol dos dereitos da mocidade e aquí en Pontevedra xa vemos que temos unha mocidade que vén con ganas de traballar, o que será un piar fundamental para apoiar e sustentar as políticas de igualdade e de progreso, para que sociedade avance. Estou convencido de que nos vindeiros días e meses esta Agrupación será unha referencia en toda Galicia.”

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.58