Salvaterra de Miño
Bernárdez: “Salvaterra ten que mudar"
candidata socialista á alcaldía de Salvaterra do Miño asegura que o PP “non fixo nada” polo concello nos últimos catro anos
A candidata socialista ao concello de Salvaterra do Miño, Rocío Bernárdez, encheu a Casa da Cultura do Concello na súa presentación oficial, na que pediu “un cambio urxente de rumbo” para o concello. “Salvaterra ten que mudar, mirar para dentro e pensar na cidadanía; precisa dun goberno competente, que forneza ao concello dos servizos que precisa e que aposte por un urbanismo moderno e atractivo para captar e fixar poboación”.
“Estamos perdendo un tempo precioso para cambiar o PXOM, para quen se está a gobernar?" preguntábase a candidata socialista, que demandaba cambios urxentes no xeito de gobernar, poñendo á veciñanza no centro das decisións. “As veciñas e veciños non son a prioridade para o goberno do PP”, asegurou Rocío Bernández, quen destacou que é primordial incluír as parroquias no desenvolvemento de Salvaterra. “Depende de vós darlle o cambio que Salvaterra precisa”, concluíu.
Bernárdez estivo acompañada na presentación da súa candidatura por destacados cargos públicos socialistas como Carmela Silva, presidenta da Deputación de Pontevedra, quen destacou a importancia de que mulleres coma Rocío dean un paso adiante, "mulleres formadas, de valores, que defenden con paixón as súas ideas, e coas ideas é como se transforma a sociedade". "É moi importante que mulleres coma ela lideren naqueles ámbitos onde se cambia a sociedade”. “Sensibilidade social, formación e moitas ideas é o que trae Rocío para impulsar este concello que tanto potencial ten”, engadiu a presidenta da Deputación. “Salvaterra necesita alguén coma Rocío, que estea sempre no concello, sen o peso dun exalcalde ás costas, que escoite a veciñanza”. "Porque nunca tanto si investiu en Salvaterra como desde que estamos na Deputación pero a decisión de onde se invisten estes cartos depende do alcalde, e por iso precisamos unha alcaldesa como Rocío, que coñece o que os veciños precisan e que ten as ideas claras e un proxecto de futuro para Salvaterra".
A presidenta da Deputación de Pontevedra aproveitou a ocasión para pór en valor os case cinco millóns de euros investidos polo ente provincial no concello durante esta lexislatura, “respectando a autonomía municipal, repartidos de maneira equitativa e atendendo a criterios obxectivos” como o número de habitantes, a superficie e a dispersión da poboación.
Pola súa banda, David Regades, secretario xeral provincial e encargado de abrir o acto, asegurou estar orgulloso das candidaturas socialistas encabezadas por mulleres, “pois representan o compromiso deste partido co feminismo”, resaltando a figura da presidenta: “o PSOE na provincia está máis unido e máis forte ca nunca e iso é grazas a Carmela Silva”.
Na súa intervención Regades destacou o inmediato comezo dos traballos na PLISAN e o interese de varias empresas en trasladarse ao polígono, “o que garantirá non só postos de traballo senón traballo de calidade, apostando pola innovación e o talento”. Regades destacou neste sentido a importancia de fixar poboación no territorio e apostar por un urbanismo sostible e un modelo medioambiental no que o Miño está chamado a ser o protagonista.
Bernárdez tamén contou co respaldo do secretario xeral galego, Gonzalo Caballero, quen destacou que Salvaterra precisa dun cambio progresista “e ese cambio leva nome de muller, o de Rocío Bernárdez. “Toca abrir as fiestras e cambiar a inercia na que leva instalado o Concello desde hai 40 anos”. “É o momento da ilusión e da mobilización para as eleccións que temos por diante, para conseguir unha maioría mais ampla para Carmela na Deputación”, concluíu.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217