Sábado, 25 de Abril de 2026

Actualizada Sábado, 25 de Abril de 2026 a las 10:20:30 horas

Xornal21.es
Lunes, 25 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
TUI

Roi Rodríguez Huertas, Jesús González e Tania Fernández reciben o Premio Deporte Tudense

Tui recoñeceu na VII Gala do Deporte Tudense aos seus deportistas, clubs e entidades

Roi Rodríguez Huertas Club Kaiak Tudense Axuda Paramos e Jesús González Álvarez do Remo do Miño e Tania Fernández do Club Kaiak Tudense Axuda Paramos foron galardoados co premio Deporte Tudense Deportistas nas categorías masculina e feminina na VII Gala do Deporte Tudense celebrada no Teatro Municipal de Tui.  Un evento no que quedou plasmado o alto nivel que ten o deporte, os deportistas e clubs na cidade.


O evento recoñeceu os logros na pasada temporada e as traxectorias deportivas de deportistas, clubs, adestradores, entidades... amais de realizar unha serie recoñecementos especiais a persoas que ao longo da súa vida tiveron unha vinculación singular co deporte ou un papel fundamental nalgunha das disciplinas deportivas que se practican na cidade.


Esteban Alonso Núñez adestrador do Club Kaiak Tudense Axuda Paramos foi galardoado co premio Deporte Tudense nesta categoría, mentres que o  Club de Patinaxe Artístico Ribex de Tui levou o premio na categoría de Club.


Os padeeiros Patricia Domínguez Arístegui do Club Kaiak Tudense Axuda Paramos e Pedro Areal Abreu do Club Piragüismo Pamplona recibiron o Premio Deporte Tudense Veterano feminino e masculino, respectivamente. Mentres na categoría sub 23 os premios foron para Pedro Vázquez Llenín  do Club Kaiak Tudense Axuda Paramos e José Leiras Estévez do BM Cisne e para Ainhoa Lameiro Rodríguez do Club Piragüismo Penedo Te Importa e  Lara Feijoo Pérez  Club Kaiak Tudense Axuda Paramos. Tamén recibiron o galardon de Premio Deporte Tudense Promesa Masculina  Iago Valera Múñoz e Borja González Martínez do Club Piragüismo Penedo Te Importa e Joana dos Santos Alves do Club Kaiak Tudense Axuda Paramos e Carlota González Gil do Club Remo do Miño.


Amais Luís Antonio Sández García do San Xerome recibiu o premio Premio Deporte Tudense Deporte Adaptado e o Club Bádminton Tui o de Promoción do Deporte Base. Foron tamén galardoados a Cámara Municipal de Valença cunha Mención Especial polo seu apoio ao deporte na Eurocidade, e Sertuy coma Firma Comercial polo seu patrocinio a varios clubs nos últimos anos.

 

No transcurso da Gala as fillas de Jesús Solleiro Arjona, María José e María del Carmen, recibiron unha Mención honorífica en recoñecemento ao papel dos seu pai – falecido hai un ano - no baloncesto na cidade.


As xogadoras de balonmán que comezaron nas escolas deportivas en Tui Gemma e Nuria Martínez Fortuny recibiron un recoñecemento especial, ao igual que houbo un recoñecemento honorífico para Manuel Pons Gómez e José Antonio Rodríguez Chamorro coma impulsores do balonmán na cidade, para Francisco Javier Rodríguez Adelino polo seu papel no fútbol local, especialmente no TYDE FC, e para Manuel Piña Silva e José Luís Méndez García coma promotores do remo en Tui nos seus inicios.


Amais Nuria Kodiz Domínguez Asensio recibiu un recoñecemento coma mellor remeira da historia. Foron entregadas amais medallas aos 27 deportistas de Tui ou de clubs tudenses participantes en campionatos do Mundo, Europa, e que competiron coa selección española na pasada temporada.

 

Relación de Premiados



Premios Deporte Tudense


Premio Deporte Tudense Deportista masculino 

Roi Rodríguez Huertas Club Kaiak Tudense Axuda Paramos e Jesús González Álvarez


Premio Deporte Tudense Deportista feminina

Tania Fernández García do Club Kaiak Tudense Axuda Paramos


Premio Deporte Tudense adestrador

Esteban Alonso Núñez, Club Kaiak Tudense Axuda Paramos


Premio Deporte Tudense Club

Club Patinaxe Artístico Ribex de Tui


Premio Deporte Tudense Veterana Feminin

Patricia Domínguez Arístegui do Club Kaiak Tudense Axuda Paramos


Premio Deporte Tudense Veterano Masculino

Pedro Areal Abreu do Club Piragüismo Pamplona


Premio Deporte Tudense categoría sub 23  masculina

Pedro Vázquez Llenín  do Club Kaiak Tudense Axuda Paramos e José Leiras Estévez do BM Cisne


Premio Deporte Tudense categoría sub 23  feminina

Ainhoa Lameiro Rodríguez do Club Piragüismo Penedo Te Importa e  Lara Feijoo Pérez  Club Kaiak Tudense Axuda Paramos


Premio Deporte Tudense Promesa Masculina

Iago Valera Múñoz e Borja González Martínez do Club Piragüismo Penedo Te Importa


Premio Deporte Tudense Promesa Feminina

Joana dos Santos Alves  do Club Kaiak Tudense Axuda Paramos e Carlota González Gil do Club Remo do Miño


Premio Deporte Tudense Deporte Adaptado

Luís Antonio Sández García do San Xerome


Premio Deporte Tudense Club Promoción Deporte Base

Club Bádminton Tui


Premio Deporte Tudense mención especial

Cámara Municipal de Valença


Premio Deporte Tudense Firma Comercial

Sertuy


Recoñecementos
Mención honorífica: Jesús Solleiro Arjona
Recoñecemento especial: ás xogadores de balonmán  Gemma e Nuria Martínez Fortuny
Recoñecemento honorífico: Manuel Pons Gómez, José Antonio Rodríguez Chamorro, Francisco Javier Rodríguez Adelino, Manuel Piña Silva, e José Luís Méndez García
Recoñecemento mellor remeira da historia Nuria Kodiz Domínguez Asensio
Recoñecemento aos 27 deportistas participantes en campionatos do Mundo, Europa, e que competiron coa selección española

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.235

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.