Viernes, 13 de Febrero de 2026

Xornal21.es
Viernes, 01 de Marzo de 2019 Tiempo de lectura:
A GUARDA

Apertura do Skate Park Atalaia este sábado na Guarda

No mes de agosto de 2018 iniciáronse no Porto da Guarda as obras de ampliación da zona deportiva existente e a preparación dos terreos para albergar a nova pista de skate e zona deportiva e de ocio infantil.

 

Esta actuación, financiada en parte polo Plan Concellos da Deputación de Pontevedra, ven a cubrir as necesidades dun colectivo en auxe ao longo dos pasados anos e que precisa dunhas instalacións axeitadas para a práctica deportiva, sendo o skate unha modalidade deportiva de referencia na Guarda, atraendo dinamismo a este espazo urbano.

 

O proxecto incluíu a ampliación do espazo existente en 12 metros para desprazar a pista multiusos existente e albergar o novo skatepark, que conta cun «bowl» e diferentes equipamentos fundamentais para a práctica deste deporte, nunha superficie total de 46m x 18,20m.

 

Este sábado día 2 de marzo celebrarase a apertura oficial desta nova infraestrutura deportiva, cunha programación de actividades que terán comezo ás 10:00h da mañá e que prolongaranse ata as 17:00h da tarde. O evento, organizado pola Asociación Galifornia Beat! e que conta coa colaboración do Concello da Guarda e da Deputación de Pontevedra,   contará con amenización musical en directo, zona de xantar e diferentes competicións deportivas. Participarán no evento importantes riders a nivel nacional e internacional.

 

Programa:
10:00h – Pista libre
12:30h – Concertos
14:00h – Xantar
15:00h – Patinada libre premiada
17:00h – Entrega de premios

 

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.