GALICIA
Feijóo "nunca houbo tantas mulleres afiliadas á Seguridade Social como agora"
Salienta que Galicia é a comunidade con máis deducións fiscais de España neste eido; con máis traballadores públicos que se benefician da flexibilidade horaria; ou a primeira autonomía cunha Tarxeta Benvida que beneficia a 40.000 familias
O presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, destacou onte que a dinamización demográfica require da implicación de todos e avanzou que a futura lei, cuxa tramitación comezará proximamente no Parlamento, recoñecerá cun selo ás empresas comprometidas coa conciliación e coa familia, que terán prioridade en todas as axudas da Administración autonómica.
Logo de precisar ademais que a Lei de impulso demográfico elevará a texto legal as liñas estratéxicas que acordou por unanimidade o Observatorio Galego de Dinamización Demográfica, Feijóo aseverou que “nunca en Galicia se adoptaron máis medidas a favor da igualdade real e efectiva das mulleres como no Goberno que me honro en presidir”, cun orzamentos en materia de igualdade e conciliación un 114% superior ao do bipartito, pasando dos 54 millóns aos 117 millóns de euros actuais; “o máis alto da historia da comunidade”.
A maior aposta pola igualdade
“Somos a comunidade con máis deducións fiscais de España; con máis traballadores públicos que se benefician da flexibilidade horaria -11.000-; que incrementou por primeira vez e con máis intensidade os permisos por maternidade –de 22 a 24 semanas; a primeira autonomía cunha Tarxeta Benvida que, cun orzamento de máis de 33 millóns de euros, beneficia a 40.000 familias; e somos a Administración autonómica con máis recursos de conciliación da historia da Comunidade, con 24.000 prazas públicas de gardería, o dobre que hai dez anos”, abundou.
Durante a súa intervención, Feijóo aseverou que, se ben aínda quedan moitas cousas por facer, “tamén somos conscientes de que estamos avanzando”. Así, lembrou que nunca houbo tantas mulleres afiliadas á Seguridade Social como agora: 480.462; o salario medio das mulleres galegas medrou, desde 2008, case un 10%, sendo Galicia a segunda autonomía de España onde máis medrou; a taxa de paro feminino na comunidade é 3,5 puntos inferior á media do Estado; 8 de cada 10 galegas traballan a xornada completa e 7 de cada 10 ten un contrato indefinido.
En resposta ás preguntas dos grupos no Pleno da Cámara, o responsable do Executivo autonómico aseverou que a Xunta seguirá traballando de forma transversal, como o ten feito ata agora e como proban numerosas iniciativas, entre as que destacan: a Comisión interdepartamental para a igualdade; a Comisión asesora de publicidade non sexista; o Consello galego das mulleres; o Observatorio galego da violencia de xénero; o VII Plan Estratéxico de Galicia para a igualdade de oportunidades entre mulleres e homes; o Plan galego de conciliación e corresponsabilidade; ou o plan de materias sobre igualdade de libre configuración, co que contan, por primeira vez, os rapaces galegos.
Así mesmo, referiuse á posta en marcha doutras iniciativas como a constitución da rede de entidades locais contra a violencia de xénero; e á personación da Xunta nos procedementos penais abertos en caso de morte por causa de violencia de xénero.

Normas de participación
Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.
Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.
La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad
Normas de Participación
Política de privacidad
Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.218