Viernes, 26 de Diciembre de 2025

Redacción / Xornal21.es
Miércoles, 27 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
NIGRÁN

Denuncian que o goberno de Nigrán paga salarios por debaixo da normativa laboral

É lamentable que un goberno dun partido que leva no seu nome o "S" de socialista e o "O" de obreiro non aplique a normativa laboral, especialmente cos colectivos máis vulnerables, sinala José Cuevas.

O goberno de Nigrán “non aplica a base orzamentaria relativa aos salarios do persoal do concello que establece que en ningún caso o persoal laboral con xornada completa terá unhas retribucións inferiores a 13.863,78 euros anuais ou a parte proporcional no caso de persoal a tempo parcial. Isto último supón que o persoal contratado coa subvención do Plan Concellos que se lle vai abonar o salario mínimo vai cobrar 105 euros menos mensuais cando traballe a tempo completo” segundo denuncia José Cuevas de Nigrán Decide.

 

“Estas subvencións están orientadas principalmente a colectivos mais vulnerables como poden ser, no caso do Plan Concellos, as persoas desempregadas, onde se da prioridade ás vítimas da violencia de xénero, maiores de 45 anos, persoas con familia monoparental con fillos ao seu cargo, persoas cos niveis de renda máis baixas ou ás que teñen cargas familiares” explica.

 

A estas persoas no ano 2018 o goberno de Nigrán preferiu aplicarlle o Salario Mínimo Interprofesional aprobado polo goberno do Partido Popular, entre un 10 e un 40 % menos que aos salarios recollidos nos convenios colectivos aplicábeis.

 

NIGRÁN DECIDE, estima que “os salarios deixados de cobrar polo persoal do concello, por non aplicarlle o convenio colectivo, chega aos 32 mil euros no ano 2018, polo que presentamos unha moción, que o goberno non tramitou, para que se lle recoñeza a todo o persoal contratado os salarios segundo os convenios colectivos aplicábeis”. Xa no ano 2016 NIGRÁN DECIDE presentou unha moción similar, para que as persoas contratadas a través das subvencións do Plan Concellos se lle abonasen os salarios conforme aos convenios colectivos, “sendo acusados polo Alcalde de Nigrán de ser populistas ao estilo de Trump. Agora, ao non tramitar o goberno a moción, obríganos a tramitala por urxencia no pleno deste xoves”.

 

“É lamentable que un goberno dun partido que leva no seu nome o "S" de socialista e o "O" de obreiro non  aplique a normativa laboral e pague salarios por debaixo do establecido nos convenios e do Salario Mínimo Interprofesional, especialmente cos colectivos máis vulnerables como son as persoas desempregadas e as perceptoras do RISGA”, sinala José Cuevas, voceiro de NIGRÁN DECIDE, para engadir que “confiamos que nesta ocasión o goberno se poña ao carón dos colectivos mais vulnerábeis e deixe de explotalos non aplicándolle os convenios colectivos”.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.217

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.