Jueves, 09 de Abril de 2026

Actualizada Miércoles, 08 de Abril de 2026 a las 18:19:43 horas

Redacción / Xornal21.es
Jueves, 28 de Febrero de 2019 Tiempo de lectura:
O PORRIÑO

O BNG anima a participar na folga feminista convocada para o 8 de marzo

A deputada Olalla Rodil e a avogada Patricia Mariño participan nun acto no Porriño o venres 1 de marzo

O grupo municipal do BNG levará ao vindeiro pleno no Porriño unha moción na que convida aos grupos políticos a sumarse ás reivindicacións das mulleres galegas de cara á celebración do 8 de marzo. O texto propón que a corporación porriñesa manifeste “o seu recoñecemento e apoio a Galegas 8M e á convocatoria de manifestación nacional do día 3 de marzo e de folga de mulleres do 8 marzo de 2019, así como manifestar a desaprobación da Xunta de Galiza por ter actuado de forma incorrecta vulnerando o dereito fundamental de folga o pasado 8 de marzo de 2018 e non ter impulsado unha rectificación das súas políticas, que contribúen á permanencia da desigualdade.

 

O Bloque Nacionalista Galego advirte do risco de retroceso para os dereitos da muller que supón a irrupción nas institucións de forzas políticas como a ultradereita, que teñen manifestado abertamente a súa oposición ao recoñecemento da violencia de xénero ou os dereitos reprodutivos das mulleres. Ademais, despois das históricas mobilizacións desenvolvidas no noso país no ano pasado, o BNG lamenta que “a resposta por parte das institucións, desde o Estado e sobre todo desde a Xunta de Galiza, teñen sido insuficientes. Desde entón, a Xunta de Galiza non levou a cabo ningunha rectificación para compensar case unha década de políticas económicas e sociais contrarias aos intereses das maiorías sociais en xeral e das mulleres en particular.

Comentarios
Comentar esta noticia

Normas de participación

Esta es la opinión de los lectores, no la de este medio.

Nos reservamos el derecho a eliminar los comentarios inapropiados.

La participación implica que ha leído y acepta las Normas de Participación y Política de Privacidad

Normas de Participación

Política de privacidad

Por seguridad guardamos tu IP
216.73.216.163

Todavía no hay comentarios

Portada

Con tu cuenta registrada

Escribe tu correo y te enviaremos un enlace para que escribas una nueva contraseña.